Monforte de Lemos, 24 de outubro de 2023. O Alcalde, José Tomé Roca, en nome de todos os monfortinos e monfortinas, homenaxeou onte luns 23 de outubro ás 19 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello ós 21 deportistas e 3 adestradores do Club Natación Monforte, polos excelentes resultados acadados ó longo da tempada 2022-2023, nas diversas participacións tanto en Campionatos de España como de Galicia.
No acto de recoñecemento, o Alcalde estivo ademais de os nadadores e nadadoras homenaxeados, polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, así como familiares e representantes do Club Natación Monforte, encabezados pola súa presidenta, Raquel Escudero Fernández.
Os resultados máis destacados, e polos que foron homenaxeados, foron os seguintes:
Javier Pontón Rodríguez:
- Subcampión de España no Campionato de España Absoluto de inverno.
- Participou no Campionato de España absoluto de verán, celebrado en Málaga, entre o 26 e o 30 de xullo de 2023.
- Participou no Campionato de España Júnior de inverno, celebrado en Palma de Mallorca entre o 28 de marzo e o 2 de abril de 2023.
- Participou no Campionato de España de natación por Federacións territoriais Junior e Infantil, celebrado en Torrevieja do 10 ó 12 de febreiro de 2023.
Andrea Gudín Pérez:
- Participou no Campionato de España absoluto de verán, celebrado en Málaga, entre o 26 e o 30 de xullo de 2023.
- Participou no Campionato de España infantil, celebrado en Sabadell entre o 20 e o 23 de xullo de 2023.
- Participou no Campionato de España de natación infantil de inverno, celebrado en Xixón entre o 9 e o 12 de marzo de 2023.
- Participou no Campionato de España de seleccións Autonómicas, en idade escolar.
Odei Arias Franco:
- Participou no Campionato de España absoluto de verán, celebrado en Málaga, entre o 26 e o 30 de xullo de 2023.
- Participou no Campionato de España Júnior de inverno, celebrado en Palma de Mallorca entre o 28 de marzo e o 2 de abril de 2023.
Tamén foron homenaxeados deportistas que participaron en diferentes Campionatos Galegos: Juan Pontón Rodríguez, David Conde Varela, Hugo López Rodríguez, Santiago Suárez Fernández, Elena Arias Pacheco, Nahia López Franco, Noel Pereira Martínez, Álvaro Pérez Armesto, Carmen Pérez Armesto, Martín Prats Moreiras, Paula Regueira Moure, Mara Ledo Escudero, Alla Castro de la Fuente, Antía González Losada, Patricia González Blanco, Luis Manuel Pérez Medina, Mauro Rodríguez Vázquez e Alicia López Rodríguez.
José Tomé tamén recoñeceu o traballo de 3 adestradores do Club: Emilio Beltrán Díaz, Emilio Torres Fraile e Javier Arias López.
O Alcalde, en nome de todos os monfortinos, felicitou aos deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados, “pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte español e galego”.
O acto serviu tamén para homenaxear ó club no seu conxunto, para o cal o Alcalde fixo entrega á presidenta do Club Natación Monforte, Raquel Escuredo, dun trofeo conmemorativo, e á súa vez o club, en agradecemento polo traballo desenvolto polo Alcalde a favor do club e dos seus deportistas, obsequiouno coa nova camiseta oficial da tempada.
Por outra banda, o Alcalde tamén aproveitou a ocasión para comunicar que o Equipo de Goberno publicou onte luns 23 de outubro no Boletín Oficial da Provincia as axudas a deportistas individuais, destinando 10.000 € o que supón 3.000 euros máis que en 2022 (un 43% máis), e 5.000 euros máis que 2019 (un 100% máis).
“O noso obxectivo”, salientou José Tomé, “é axudar a aqueles deportistas que teñan participado, entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2023, como mínimo nun campionato de España, campionato de Europa ou campionato do Mundo.”
O prazo está aberto ata o 7 de novembro, e cada solicitante poderá optar a un máximo de 600 € por beca.