Monforte de Lemos, 22 de decembro de 2023. O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, na entrega de premios do Cume Tapas Exprés, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (APEHL) coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo. Nesta edición, celebrada do 26 ao 29 de outubro, o recadado polas inscricións dos participantes foi destinado á loita contra o cancro de mama.
No acto de entrega dos premios, José Tomé felicitou aos galardoados, votados polos consumidores: a Cervecería Mulligan’s, coa tapa Explosión de esperanza; e Abadía San Simón, con Solomillo real con salsa de setas de tempada.
Durante o acto, tamén se fixo entrega do cheque ao gañador da estancia para dúas persoas no Hotel Talaso Atlántico Spa****, de Oia, en Pontevedra.
Ademais do mandatario provincial, participaron no evento o presidente da APEHL, Cheché Real Castro, a Tenente de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos, Gloria Prada, o concelleiro de Servizos, José Luis Losada e a delegada da asociación de loita contra o cancro en Monforte de Lemos, Marisa Sobrino, entre outras autoridades.