O Alcalde destaca o éxito do Centro de Competencias Dixitais de Renfe, que cumpre o seu primeiro ano de funcionamento a pleno rendemento


Foto de arquivo: Inauguración do CCD de Monforte en marzo de 2023

Monforte de Lemos, 1 de abril de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destaca a boa marcha do Centro de Competencias Dixitais de Renfe, o primeiro en Galicia destas características, que ven de cumprir un ano de funcionamento, e no que xerou 11 empregos directos e 25 indirectos no municipio, sendo o 90% traballadores locais.

Neste senso, José Tomé destaca que o obxectivo final que se marcou este centro é que se alcancen os 100 postos de traballo de profesionais altamente cualificados, segundo se vaia implantando no mercado o novo servizo.

O 31 de marzo de 2023 fora inaugurado o primeiro Centro de Competencias Dixitais de RENFE (CCD) en Galicia en Monforte polo Alcalde, José Tomé Roca, e o Director Xeral de LogiRAIL, Óscar Gómez, e o Director Xeral de operacións de Renfe, José Luis Cachafeiro.

O Centro de Competencias Dixitais de RENFE en Monforte, foi posible grazas as xestións que o Alcalde desenvolveu ó longo dos últimos anos cos responsables da compañía ferroviaria, e contou cun investimento de 1 millón de euros.

O CCD  está ubicado na Rúa Muiños de Antero, nun local de case 600 m2, no que se desenrolarán operacións de seguridade, formación e reunión e está previsto que no futuro poida ser a base para a creación e desenrolo de un Clúster Empresarial de Ciberseguridade aplicado ao sector ferroviario europeo.

 

Un ano do CCD de Monforte

O Centro de Competencias Dixitais de Monforte de Lemos é un centro especializado en operacións de Ciberseguridade ferroviaria xestionado por LogiRail, filial de Renfe, e logo dun ano de funcionammento, converteuse nun referente na xeración de emprego novo e local.

O persoal de traballadores está formada por 11 persoas, das cales o 90% son da localidade monfortina. Ademais, xeráronse un total de 25 empregos indirectos no municipio.

Os primeiros integrantes do persoal foron elixidos fai máis dun ano nun proceso inicial de selección. Desde entón, o equipo foi crecendo e permitiu a persoas con perfís tecnolóxicos cualificados desenvolver a súa traxectoria profesional e proxecto de vida na localidade monfortina.

De forma progresiva, o centro continuará crecendo ata contar, en 2025, cun persoal de 35–40 profesionais altamente capacitados e certificados. Nun futuro, o Centro de Operacións de Seguridade poderá constituír a base da creación e desenvolvemento dun Clúster Empresarial de Ciberseguridade aplicada ao sector ferroviario.

A compañía investiu 1 millón de euros en poñer en marcha este centro, que se une aos xa creados noutras localidades. E é que Renfe, a través da súa filial LogiRail, conta con outros Centros de Competencias Dixitais en activo repartidos por varias localidades con ampla historia ferroviaria: Linares, Teruel, Alcázar de San Juan, Miranda de Ebro e Mérida.