Monforte de Lemos, 1 de abril de 2023. As xestións que fixo o Alcalde, deron os seus froitos xa que, o Concello de Monforte, recibiu unha notificación do Consello Superior de Deportes coa proposta de resolución provisional da concesión na convocatoria de axudas a entidades titulares de instalacións deportivas para obras de modernización de instalacións deportivas, para acoller eventos deportivos internacionais, en canto a eficiencia enerxética, inclusión e sustentabilidade, con cargo aos Fondos Europeos do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia.
O importe concedido é de 2.206.459,27 € que servirán para cofinanciar as obras de reforma integral do Pavillón Municipal da Pinguela que están a piques de comezar e que o converterán en todo un referente provincial e autonómico, supoñendo practicamente o 60% do investimento total.
Tramitación da subvención
O 29 de novembro de 2022 publicouse no Boletín Oficial do Estado o extracto da Resolución de 24 de novembro de 2022 da Presidencia do Consello Superior de Deportes pola que se convocan axudas a Entidades titulares de instalacións deportivas para obras de modernización de instalacións deportivas para acoller eventos deportivos internacionais, en canto a eficiencia enerxética, inclusión e sustentabilidade, con cargo aos Fondos Europeos do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia. A convocatoria establece que o importe destinado á liña de subvencións é de 27.520.000,00 € para todo o Estado.
O Concello de Monforte presentou a solicitude de subvención o día 13.01.2023
O Concello de Monforte recibiu notificación da concesión de subvención por importe de 2.206.459,27 €, o que representa algo mais do 8% do total nacional.
Foron un total de 238 entidades solicitantes, das que só 55, entre elas o Concello de Monforte, foron obxecto de valoración por alcanzar os requisitos esixidos para poder ser beneficiario de subvención.
Un dos aspectos polos que máis puntuación se concedía na valoración dos proxectos presentados é a eficiencia enerxética que se conseguiría unha vez realizadas as obras. No caso das obras de reforma do Pavillón da Pinguela suporán unha mellora na eficiencia enerxética do edificio que permitira pasar dunha cualificación enerxética E a una cualificación enerxética B, en canto a consumo de enerxía primaria non renovable, e dunha cualificación enerxética F a unha cualificación enerxética A, en canto a emisións de CO2
Contratación das obras e financiación
O Concello de Monforte publicou o día 01.02.2023 na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio de licitación do contrato de “redacción do proxecto, dirección facultativa e execución da obra de reforma do polideportivo municipal de A Pinguela” por un presuposto base de licitación de 3.826.678,64 € (IVE incluido) dos que o Concello solo aportará 1.501.500 aproximadamente, o que supón o 40% do total, por iso sólo será necesario utilizar unha pequena parte do crédito.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, adxudicouse a UTE Construcciones Castro Figueró S.L.U. – Xestión Ambiental de Contratas S.L. o que presentou oferta de execución das obras por importe de 3.708.051,60 € o que supón unha baixa do 3,10 % (118.627,03 €) con respecto ao presuposto base de licitación.
No pleno extraordinario do día 06.03.2023 acordouse aprobar a tramitación do contrato de redacción do proxecto, dirección facultativa e execución da obra de reforma do polideportivo municipal de A Pinguela.
A financiación da obra será compartida polo Consello Superior de Deportes, que aportará practicamente o 60% do custe da mesma (2.206.459,27 €) e o Concello de Monforte que aportará o 40 % restante (1.501.592,33 €).
O Alcalde mostra a súa satisfacción polo éxito das xestións diante do Consello Superior de Deportes, xa que soamente unha instalación de Madrid obtivo mais axuda, sendo Monforte a segunda cidade de 55 cidades beneficiarias, sendo polo tanto os segundos mellor valorados, o que significa que o proxecto que presentou o Concello de Monforte é de calidade, quedando por detrás cidades como León, Granollers, Barcelona ou Valencia, e así ata 55 cidades.