O Alcalde concede axudas para as festas de parroquias e barrios celebradas en 2023 por importe de 10.000 €

Monforte de Lemos, 16 de novembro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que na pasada Xunta de Goberno do Concello, aprobou as axudas para a celebración de festas de barrios e parroquias correspondentes a solicitudes presentadas para o ano 2023.

“Dende que sou Alcalde hai oito anos, manteño un compromiso firme de apoio ás festas que organizan os veciños nos distintos barrios da cidade así como nas diferentes parroquias do Concello, e para o ano 2023, vimos de conceder axudas por importe de case 10.000 euros (9.550€), para contribuír a que  todas estas asociacións de veciños e comisión de festas poidan desenvolver con éxito os seus actos lúdicos e festivos”, resalta o rexedor monfortino.

En concreto, as parroquias e barrios que obtiveron estas axudas foron os seguintes:


                                                         Foto de arquivo, celebración da festividade de San Antonio

Para as festas da parroquia de Gullade, celebradas o 27 e 28 de agosto, concedéronse 500 €.

O barrio de Os Chaos, que celebrou a súa festa o día 23 de xuño, contou cunha axuda de 910 €.

A asociación de veciños do barrio de Cobas, que celebrou a súa xuntanza veciñal o 13 de maio, contou con 910 €.

As festas de Santa Mariña do Monte, celebradas o 1, 2 e 3 de setembro contan con 500 € de axuda.

As festas de Reigada, que tiveron lugar os días 21 e 22 de maio contan cunha axuda de 500 €.

Os veciños de O Chao do Fabeiro celebraron a súa festividade o 31 de agosto, e contaron cunha axuda de 500 €.

A comisión de festas de Baamorto, que celebrou o San Mateo Pequeno o día 23 de setembro, obtivo unha axuda de 500€.

A comision de festas do barrio de San Antonio, que organizou os festexos do 10 ó 13 de xuño, obtivo unha subvención de 910 €.

A asociación de veciños do barrio de Carude, celebrou o San Lázaro o 24, 25 e 26 de marzo, cunha axuda de 910 €.

A asociación de festexos da parroquia de Piñeira, desenvolveu os seus festexos o 29, 30 e 31 de xullo, cunha axuda do Concello de 500 €.

A asociacion de veciños do barrio do Val de Lemos contou cunha axuda de 910 € para as festas celebradas o 24, 25 e 26 de xullo.

A parroquia de Sindrán celebrou os seus festexos o 3 e 4 de xuño, e para elo obtivo unha axuda de 500 €.

A comisión de festas de Marcelle obtivo unha axuda de 500 € para as festas celebradas o 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro.

A asociación de veciños de A Parte, Camporrío e Remuín obtiveron unha axuda de 500 € para os festexos do 21 de setembro.

E a parroquia de Tor, que festexou 1 e 2 de xullo, obtivo unha axuda de 500 €.