O ALCALDE CELEBROU O ANO NOVO DAS ÁRBORES "TU BISHVAT" PARA POÑER EN VALOR AS TRADICIÓNS HERENCIA DAS COMUNIDADES XUDÍAS QUE NOS HABITARON

Monforte de Lemos, 28 de febreiro de 2023. O Alcalde de Monforte ven de realizar unha actividade enfocada aos rapaces que representa a conmemoración dunha festa xudia moi simbólica, sobre todo, para as poboacións agrícolas.

É o novo ano das árbores e danse as grazas polos produtos que nos envía a natureza e para mostrar este agradecemento, é tradicional plantar unha árbore e ofrecer améndoas, pasas e dátiles.

Para a celebración desta data O Alcalde estivo acompañado de rapaces de 2º de ESO de varios colexios de Monforte que plantaron como acto simbólico un olivo no Parque de Covas. Ó mesmo tempo, tal e como marca a tradición Tomé, Gloria Prada, Miguel Tomé e Pilar Espinosa, agasallaron con froitos secos aos participantes desta festividade que se converteu nunha actividade diferente ao aire libre.  

Esta é unha nova iniciativa que se pon en marcha dende o Concello para difundir e poñer en valor  a riqueza cultural sefardí. Este ano que a capitalidade da Rede de Xuderías recae en Monforte de Lemos, con José Tomé como Presidente, estase a potenciar aínda máis se cabe, as accións e actividades que axuden a potenciar o legado xudeo que Monforte herdou e que debe seguir ocupando un lugar destacado dentro da historia da cidade.

Conscientes da labor formativa multidisciplinar que se fai nos centros educativos e coñecedores de que as actividades grupais e fora do entorno propiamente lectivo, constitúen unha oportunidade para a adquisición de competencias imprescindibles no desenrolo dos alumnos, O Alcalde invitou aos colexios a desfrutar desta iniciativa como unha fórmula de divulgación da festa que poida achegar aos rapaces ao coñecemento da herdanza que nos deixaron as comunidades xudías nas cidades e pobos que habitaron e ó mesmo tempo, fomentar entre eles valores de respecto cara a todas as culturas e tradicións.

Os colexios que participaron da iniciativa foron Os Escolapios, Torre de Lemos e Ferroviario que acudiron cos rapaces a plantar a árbore e disfrutar dos froitos secos que repartiron os Membros do Goberno que estaban presentes, unha vez terminada a actividade de plantación do olivo.

No Parque de Covas agora lucirá para sempre unha homenaxe á natureza como agradecemento a todo o que nos da.