Monforte de Lemos, 20 de febreiro de 2023. O Concello de Monforte ven de abrir o prazo para inscribirse na XIII carreira popular Concello de Monforte. Tal e como anunciou o Alcalde, José Tomé Roca, a data para a celebración será o domingo 2 de abril.
Como en edicións pasadas, todas as persoas interesadas en participar, poderanse inscribir na páxina web do Concello ou na plataforma de inscripcións www.ccnorte.com de forma totalmente gratuita. Desde o ano 2022 o Concello de Monforte conta coa páxina web www.monforte10k.com diseñada específicamente para promocionar e informar sobre a Carreira Popular monfortina, que ademais de conter toda a información do evento e poder realizar as inscripcións, pódese consultar informacións de edicións anteriores (inscritos, resultados e clasificacións, fotografías e vídeos, etc.).
O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcurrirá polas rúas mais céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías inferiores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.
O percorrido da carreira absoluta é o seguinte: Saída da Praza da Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avda. de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avda. de Galicia – Rúa Cardeal - Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía.
Trátase dun percorrido de 5 km. ó que os participantes terán que dar dúas voltas.
Todas as carreiras, incluídas as carreiras de categorías menores, contarán cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini que non é competitiva.
Os premios que se establecen para os/as mellores atletas de cada categoría son os seguintes:
• Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada unha das categorías excepto na categoría mini na que todos/as os/as participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e unha bolsa de lambetadas.
• Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán trofeo.
• Premios económicos: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán premio económico segundo as seguintes cantidades:
- 1º clasificado: 300 €
- 1ª clasificada: 300 €
- 2º clasificado: 200 €
- 2ª clasificada: 200 €
- 3º clasificado: 100 €
- 3ª clasificada: 100 €
• Premios especiais da carreira absoluta: haberá premio especial de trofeo e agasallo para os/as 3 primeiros/as clasificados/as locais (empadroados/as en Monforte).
• Premios por equipos: recibirán trofeo os tres mellores equipos clasificados na carreira absoluta. Estes equipos deberán ser obrigatoriamente mixtos (50% homes e 50% mulleres) e estarán compostos por un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 compoñentes (tres homes e tres mulleres).
Todos/as os/as participantes recibirán avituallamento sólido e líquido ó finalizar a carreira así como un agasallo conmemorativo do evento.
INSCRICIÓNS COLECTIVAS PARA COLEXIOS DE MONFORTE
Os centros educativos de Monforte teñen a opción de realizar a inscrición colectiva ata o martes 21 de marzo. Deste xeito o Concello entregará os dorsais dos alumnos participantes ao centro educativo con antelación.
ENTREGA DE DORSAIS POR ADIANTADO
Para evitar masificacións o día da carreira, a entrega de dorsais dos/das atletas que se inscriban de xeito individual, realizarase por adiantado nos seguintes puntos de recollida:
• Oficina Municipal de Deportes (Casiñas da Compañía):
- Venres 31 de marzo: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
- Sábado 1 de abril: de 9:00 a 14:00 h.
• Puntos de recollida fora de Monforte: haberá 6 puntos de recollida fora de Monforte e espallados polas catro provincias para facilitar a recollida do dorsal a todas as persoas participantes que non vivan en Monforte.
• Envío do dorsal a domicilio
Será necesario indicar o punto de recollida do dorsal durante o procedemento de inscrición.