Monforte de Lemos, 8 de agosto de 2023. O Concello de Monforte acollerá este xoves 10 de agosto, a actuación do grupo galego Xacarandaina, que encherá de música e baile tradicionais o centro histórico da cidade.
En concreto, a actuación comezará a partir das 21 horas na praza da Compañía, onde levarán a cabo a interpretación de pezas de música tradicional acompañadas de baile. A continuación, desprazaranse ata a rúa do Cardenal, onde farán unha nova actuación, e finalizarán na praza de España con novos bailes e música.
A actuación, organizada e patrocinada polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte e polo AGADIC da Xunta de Galicia, forma parte do programa do Verán Cultural do Concello de Monforte, dentro do ciclo “Danza3, Folklore na rúa”.
O obxectivo deste espectáculo transmitirlles ós cidadáns a esencia e a riqueza das danzas tradicionais galegas, así como das músicas que as acompañan e do vestiario da época á que pertencen.