Unha nova edición do Campus de Fútbol cidade de Monforte, finalizou no día de onte coa entrega dos diplomas aos rapaces e rapazas que participaron na décimo sétima edición organizada polo Concello de Monforte e que ten como obxectivo que nenos e nenas, rapaces e rapazas, poidan gozar dunhas vacacións activas practicando deporte, ademais de ter a oportunidade de facelo da man de monitores que traballan dentro da estrutura dun Club de Fútbol Profesional como e o R.C. Celta de Vigo.
Esta actividade celebrouse entre os días 31 de xullo e 4 de agosto en horario de 10:00 a 13:00 h. no Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas e está incluída dentro do amplo Programa Deportivo de verán 2023 que o Concello de Monforte organiza durante o periodo estival para os nenos e nenas, e rapazas e rapaces, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación familiar dos monfortinos e monfortinas, e ao mesmo tempo, proporcionar un abanico de posibilidades de diversión para os mais novos, que fomenten a vida saudable, durante o período de vacacións.