Monforte de Lemos, 26 de marzo de 2023. A Fundación Real Monte Manso di Scala organizou esta sábado a celebración dun acto conmemorativo do cuarto centenario da morte do VII Conde de Lemos. A institución, como homenaxe decidiu encargar a realización de dous bustos ao escultor Riccardo Ruggiano. As esculturas representan a D. Pedro Fernández de Castro e a Giovan Battista Manso e pretenden ser un agradecemento por fundar a Academia Napolitana dos Ociosos.
Os bustos foron colocados na escaleira principal do edificio da sede histórica de Monte Manso, para dar a benvida a todos aqueles que se acheguen ao edificio, un lugar privilexiado que tal e como salientou a Tenente de Alcalde no acto de presentación, “é o lugar que lles corresponde como merecido tributo a dúas personalidades históricas tan prominentes”.
Gloria Prada tamén fixo alusión no seu discurso “á unión entre as dúas cidades, Nápoles e Monforte, propiciada polos vínculos culturais que estableceron os Condes de Lemos en ambas, e tal e como explicou, “as pegadas do Conde de Lemos en Nápoles, pódense apreciar na existencia do Palacio Real e o Museo Arqueolóxico Nacional, mandado construir por D. Pedro para Universidade, asi como na Fundación do novo Colexio da Compañía de Xesús e Iglesia de S. Ferdinando.
Do outro lado, en Monforte de Lemos, tal e como relatou a Teniente de Alcalde “os Condes deixaron unha parte das obras adquiridas en Nápoles que na actualidade, se poden contemplar no museo monfortino das Madres Clarisas, convertendo a Monforte nunha parte importante da cultura partenopea.
“Pero sin dúbida, a maior demostración do amor dos Condes por Nápoles- proseguiu a decir Gloria Prada- foi denominar a unha zona da vila Monfortina: Posilipo, en lembranza da zona de Nápoles onde viviron os Condes durante a súa estancia na cidade. Nesta zona, situada xusto a carón do Rio Cabe, historiadores tan prestixiosos como a Doctora Manuela Sáez, presente tamén no acto, defenden que se construiu o palacio residencial dos Condes de Lemos ao seu regreso de Nápoles”. Conta a historia que cando o Virrei Cardenal Borxa se atopaba en Nápoles escribiulle unha carta á Condesa de Lemos, a súa prima, na que lle decía: “Por ese Posilipo monfortino, deixaría eu este, napolitano”.
Ao finalizar a súa intervención, Gloria Prada salientou a importancia e honor que supuxo para ela e para a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, representar a Monforte neste acto, cidade que tanto amaron os Condes de Lemos e fíxolles chegar aos gobernadores da Fundación, o desexo do Alcalde de Monforte, José Tomé, de continuar cos vínculos de amistade entre as dúas cidades, emprendidos polo VII Conde de Lemos.