-Gloria Prada, acompañada por diversos membros da Corporación municipal, inaugurou hoxe ás 13:00 esta mostra, que foi visitada por todos eles, tras levarse a cabo a actuación do Grupo de Gaitas e Danza do Concello.
-Esta mostra de artesanía consolidada celebrarase na rúa Cardenal dende hoxe día 4 e ata o 9 de agosto e conta coa presencia de 30 artesáns, que son 7 máis que en 2022, o número máis alto de participantes dos últimos anos, procedentes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España.
-“Este ano o certame durará seis días, un día máis do habitual, pois nos últimos anos a duración era de cinco días, pero ante o éxito das vendas e o interese dos artesáns este ano dende o Equipo de Goberno decidimos ampliar os días de celebración do mesmo ata o mércores 9 de agosto, en vez de finalizar o martes como se facía nos últimos anos” recordó Prada.
-Ademais do espazo expositivo destinado ós artesáns, contará cunha zona polivalente dende a que se levarán a cabo obradoiros para nenos e nenas, elaboración de produtos artesanais en directo, e mostras de oficios tradicionais.
-“Con esta Mostra contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”.
-O horario durante os 6 días que durará a XXIII Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 18 a 22 horas. Ademais, o programa inclúe demostracións, que se desenvolverán de 12 a 14 horas, e de 19,00 a 21 horas.
Monforte de Lemos, 4 de agosto de 2023. A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, inaugurou na mañá de hoxe a XXIII Mostra de artesanía Artelemos 2023, acompañada por diversos membros do Equipo de Goberno e da Corporación municipal.
Tras a inauguración, tivo lugar a actuación musical do Grupo Municipal de Gaitas e Danza do Concello de Monforte, e a comitiva de autoridades visitou a continuación os diferentes stands que compoñen a mostra.
Esta mostra celebrarase na rúa Cardenal de Monforte de Lemos dende hoxe venres 4 e ata o 9 de agosto e convértese, como cada ano, na antesala das Festas Patronais da cidade, dentro do Programa Cultural de Verán do Concello.
En Artelemos 2023 participan de 30 profesionais da artesanía, que son 7 máis que en 2022, o número máis alto de participantes dos últimos anos, procedentes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España.
Coma gran novidade, este ano o certame durará seis días, un día máis do habitual, pois nos últimos anos a duración era de cinco días, pero ante o éxito das vendas e o interese dos artesáns este ano dende o Equipo de Goberno decidiuse ampliar os días de celebración do mesmo ata o mércores 9 de agosto, en vez de finalizar o martes como se facía nos últimos anos.
O Concello aposta especialmente por unha Mostra de artesanía que o Equipo de Goberno recuperou no Nadal do ano 2015, tras anos de ausencia, dende que desaparecera a Fundación Comarcal Terra de Lemos, que a organizou entre os anos 1996 e 2011. Dende o ano 2015, Artelemos celebrase tódolos anos cun aumento progresivo de participantes e artesáns que avalan este tipo de eventos, e mostra delo é a ampliación, nun día máis, do calendario deste ano.
O horario durante os 6 días que durará a XXIII Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 18 a 22 horas.
Ademais, o programa inclúe demostracións, que se desenvolverán de 12 a 14 horas, e de 19 a 21 horas.
XXIII Artelemos, unha mostra consolidada que aposta pola artesanía de calidade
Artelemos é o escaparate dos pequenos obradoiros artesanais que están a traballar no noso territorio rural, espallados por toda a xeografía galega, e que gardan a identidade de oficios tradicionais conxugándoa con tendencias actuais.
“Con esta Mostra”, sinalou o Alcalde, “contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”.
O obxectivo de Artelemos é achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais especializadas en coiro, olería de Gundivós, cestería, madeira, xoiería, gancho, entre outras especialidades. En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.
Tamén haberá diferentes obradoiros para cativos/as coma se pode ver no programa de cada día. Estas actividades, que son un complemento á propia Mostra, organízanse ano a ano porque sempre acadaron un notable éxito entre o público asistente.
O Alcalde anima a “todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas que nos visitan nestes días de verán, a que se acheguen a visitar esta 23 edición de Artelemos no Cardenal, e que se aposten polos produtos artesáns que alí se atoparán, que contan con todas as garantías de fabricación e de calidade. Porque apostar polos artesanal significa apostar polos nosos artesáns, polo produto local de calidade, polo noso medio rural, polas nosas tradicións, en definitiva, pola nosa arte e a nosa cultura”.
Demostracións e obradoiros todos os días
O programa de Artelemos, ademais da zona expositiva e de venda, inclúe demostracións e obradoiros, que se desenvolverán durante os 6 días do certame, de 12 a 14 horas, e de 19 a 21 horas.
O venres 4 de agosto, a demostración será a cargo de Elias González, de olería de Gundivós.
O sábado día 5, será a quenda da cestería co obradoiro impartido por Luisa Martínez.
Xa o domingo 6, a artesá Amparo Escrich realizará o obradoiro para nenos/as de barro.
O luns 7, realizarase tamén pola mañá e ó serán un obradoiro de bixutería infantil con macramé.
E o martes 8, a olería de Gundivós volverá a ser protagonista, esta vez da man de Tomás López, con demostracións ás 12 e ás 19 h. Tamén pola tarde, dende as 19 h. e ata as 21 h. desenvolversase o obradoiro de Olería Tradicional para nenos/as a carga de Otilia Arias.
No último día mércores 9, o obradoiro para realizar diversos artigos de bixutería con papel reciclado será a cargo da artesá Rosario Romo.
Para participar nestes obradoiros, que comezan ás 12 e ás 19 horas, é preciso anotarse cun mínimo dunha hora de antelación no stand do Concello, na propia rúa Cardeal.
Programación 23ª Mostra Artelemos 2023
Venres 4 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González
13.00 h.- Inauguración oficial da 23ª Mostra Artelemos. Actuación Grupo Municipal de Gaitas.
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González
Sábado 5 de agosto:
10:00 h.-Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de cestería. Artesá: Luisa Martínez
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de cestería. Artesá: Luisa Martínez
Domingo 6 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Escrich
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Escrich
Luns 7 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de bixutería infantil. Artesán: Noel Pérez
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de bixutería infantil. Artesán: Noel Pérez
Martes 8 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Olería para nenos e nenas. Artesá: Otilia Arias
Mércores 9 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Romo
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Romo