O Concello celebra este xoves 15 a XXII Mostra de Panxoliñas a cargo de centros de ensino de Monforte

Monforte de Lemos, 13 de decembro de 2022. Este xoves 15 de decembro ás 18:00 horas e no Edificio Multiusos, nenas e nenos de diferentes centros de ensino da cidade interpretarán composicións musicais de Nadal dentro da XXII Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino do Concello de Monforte de Lemos, organizada dende a Concellería de Cultura.

A mostra, que se desenvolve en todas as edicións con grande éxito, chega este ano á súa vixésima segunda convocatoria e ten como fin un ano máis espertar a afección ó canto coral e á música entre os nenos e nenas dos centros de ensino da cidade.

A última edición deste certame foi en 2019, e por mor da pandemia da Covid-19, non se puido volver celebrar ata o presente ano.

Nesta 22ª edición os centros de ensino participantes son:

  • Colexio PP. Escolapios
  • Fundación Educativa Torre De Lemos
  • Colexio P. Ferroviario

 

Programa XXII Mostra de Panxoliñas

FUNDACIÓN EDUCATIVA TORRE DE LEMOS

Los colores vamos al portal”, a cargo de alumnos e alumnas de educación infantil.

COLEXIO FERROVIARIO

El Árbol de los Besos”, por alumnos de educación infantil.

COLEXIO PP. ESCOLAPIOS

“Panxoliña Celta” de J. Luis Nieves, co coro de 3º a 6º de primaria.

COLEXIO CPR FERROVIARIO

Cando é Nadal”, por alumnos de 3º de educación primaria.

FUNDACIÓN EDUCATIVA TORRE DE LEMOS

“A la luz del sol -  Volaré” a cargo de alumnos de educación primaria.