Monforte de Lemos, 16 de novembro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu na mañá de hoxe en visita oficial ó presidente da Deputación de Huesca, Miguel Gracia Ferrer, e ó presidente da Deputación de Girona, Miquel Noguer i Planas, co obxectivo de analizar liñas de traballo conxuntas para a mellora de problemáticas comúns así como a promoción do territorio. Na visita, o Alcalde estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada.
Tras manter un encontro de traballo e tras a firma no Libro de Honra do Concello, o Alcalde agradeceu en rolda de prensa a ambos presidentes provinciais a súa visita a Monforte, indicando que os tres forman parte da Comisión de Deputacións da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), na que abordan periodicamente cuestións comúns que afectan a este tipo de institucións e que son similares na maoiría dos casos.
José Tomé salientou que “hemos convenido hacer este tipo de visitas porque queremos promocionar el terrotorio a través de la cultura y el turismo, que cada vez tienen más importancia en la vida económica de nuestras ciudades y provincias”. O obxectivo é coñecer os proxectos e realidades de cada territorio, neste caso Monforte e a provincia de Lugo, e aproveitar para establecer novas liñas de traballo e intercambio de ideas e experiencias.
O encontro inclúe dous días de traballo, que se desenvolverán na xornada de hoxe en Monforte, e mañá en Lugo, e que inclúen ademais visitas ós lugares máis destacados de ambas cidades, así como da Ribeira Sacra.
Liñas de traballo comúns e promoción conxunta dos territorios
Ambos presidentes provinciais salientaron nas súas intervencións a liña de traballo que José Tomé leva a cabo na provincia de Lugo no referido á posibilitar a permanencia no territorio da poboación, especialmente en áreas rurais, a través da mellora da mobilidade e das infraestruturas, nunha provincia con case 4.300 quilómetros de estradas locais e 10.000 núcleos de poboación.
O Presidente da Deputación de Huesca, y Alcalde de Arén, reivindicou ademais a necesidade de “ampliar con más dotación presupuestaria los fondos destinados a la igualdad y a la cohexión territorial, sobre todo para los territorios rurales que están en desigualdad con las grandes urbes”.
Pola súa banda, o Presidente da Deputación de Girona e Alcalde de Banyoles, salientou a similitude entre esta cidade e Monforte, que fai que compartan problemáticas similares, e tamén analizou aspectos que unen a estas tres Deputacións, como a despoboación, a rede de estradas ou a alta ruralidade.
Do mesmo xeito, incidiu na promoción conxunta que estas 3 institucións fan dos “productos agroalimentarios, de los aspectos culturales, históricos y patrimoniales para hacer efectiva una promoción turística común”. E engadiu que “hoy el turismo es algo más que sol y playa, es patrimonio, experiencias diversas, gastronomía o etnoturismo”.
Os tres representantes municipais e provinciais comprometéronse a levar a cabo futuras xuntanzas en Huesca e Girona, “para seguir tratando problemáticas similares e abordar as mellores solucións e colaboracións posibles, coñecendo as experiencias de cada territorio in situ e promocionado a riqueza patrimonial, cultural e gastronómica de cada provincia”.