Información sobre o sorteo público de prazas do Programa ACTIVA 2022-2023 e apertura de prazo extraordinario solicitudes en actividades con prazas vacantes

Monforte de Lemos, a 19 de outubro de 2022. O Concello informa sobre sobre o sorteo público de prazas do Programa ACTIVA 2022-2023 e apertura de prazo extraordinario solicitudes en actividades con prazas vacantes:

1-Segundo se establece nas condicións para participar nas actividades do programa, a adxudicación de prazas no Centro Cívico realizarase por sorteo entre as solicitudes recibidas para cada actividade unha vez finalizado o prazo de solicitude e diferenciando entre prazas ordinarias e prazas para persoas con discapacidade. Asignarase un número para participar no sorteo por cada solicitude recibida. No caso de presentarse a solicitude de participación conxunta optarán a praza ou a lista de agarda cun único número.

Porén, se non se cubren as prazas para unha actividade concreta non se realizará sorteo e asignaranse segundo a orde de entrada.

O sorteo será público e realizarase mañá día 20/10/2022 ás 12:30 no salón de actos do Centro Cívico-Social para as seguintes actividades:

  • Ximnasia acuática 1
  • Ximnasia de mantemento 1 e 2
  • Competencias dixitais 1 e 2
  • Conservando a memoria 2
  • Bailes de verbena 2

Tras o sorteo procederase a publicar na páxina web e no taboleiro dos servizos sociais a listaxe de persoas con praza adxudicada e en lista de agarda así como as actividades con prazas dispoñibles.

 

2-No suposto de que non se cubran as prazas ofertadas nalgunha das actividades, poderase abrir un prazo extraordinario ata completar as prazas nesas actividades. Así mesmo, poderase anular o inicio dunha actividade se non se cubren o 75% das prazas ofertadas finalizado o período de inscripción. Antes de decidir anular unha actividade, desde os Servizos Sociais  valoraranse alternativas có fin de promover a súa impartición.

Tendo en conta que existen prazas vacantes nalgunhas das actividades ofertadas procédese a abrir o prazo extraordinario de solicitudes do 24/10/2022 ó 28/10/2022. As persoas interesadas acudirán á Secretaría dos servizos sociais para que informen das plazas dispoñibles e  formalizar a súa solicitude exclusivamente segundo o modelo establecido. Na asignación de prazas terase en conta a orde de entrada no Rexistro así como os seguintes criterios de prelación:

  1. Solicitantes con praza nunha actividade na que o número de  solicitudes é inferior a 3 e que se valore imposibilidade de realizala por non cubrir a porcentaxe mínima establecida.
  2. Solicitantes en lista de agarda, logo da celebración do sorteo de prazas de actividades con máis demanda que oferta de prazas.
  3. Novas solicitudes de participación por persoas que non solicitaran no prazo ordinario.
  4. Solicitantes con praza concedida no prazo ordinario (segunda actividade).