Monforte de Lemos, 2 de novembro de 2022. O Concello de Monforte informa sobre o servizo de recollida e transporte de residuos urbanos en relación á celebración da festividade de San Martín de Porres, que é o patrón dos traballadores da empresa Fomento de Construcciones y Contratas (FCC), encargada deste servizo na cidade.
Dita festividade de San Martín de Porres establece como día festivo o xoves 3 de novembro, polo que deste xeito, unicamente prestaranse os servizos de recollida e transporte de residuos urbanos, limpeza viaria e outros servizos complementarios correspondentes a un día festivo. Por este motivo, pregamos ós usuarios e veciños da cidade que se absteñan de depositar o lixo en dito día.