Monforte de Lemos, 8 de abril de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa dun novo auto favorable ó Concello monfortino, en relación coa denominada Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas.
En concreto, trátase do Auto 31/2022 ditado polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo, relación co recurso contencioso administrativo interposto pola empresa Construcciones y Contratas Sánchez S.L. o 22 de febreiro de 2022 contra a resolución do Alcalde de Monforte de Lemos na que lle requiría a da Zona C das normas subsidiarias de planeamento sobre as que se aprobou o proxecto de reparcelación de Cobas.
“No seu auto”, informa o Alcalde, “o xulgado lle denega a suspensión cautelar solicitada por esta empresa de suspensión do requerimento de desaloxo”.
En concreto, o Auto recolle que “una vez que se ha frustrado la medida cautelar de suspensión de la ejecución del proyecto de reparcelación y una vez que su aprobación faculta a la Administración para proceder a la ocupación de los terrenos, la única posibilidad de proceder a la suspensión cautelar de la orden de retirada de materiales es que ella en sí, no como ejecución del acuerdo anterior, implicase una infracción fragante del ordenamiento jurídico. (...) Dado que ni siquiera se ha presentado alegación alguna que se circunscriba a este requerimiento, la medida cautelar ha de ser rechazada”.
Deste xeito, a empresa terá 15 días para presentar un posible recurso de apelación ante o citado tribunal.
O Alcalde amosou a súa satisfacción “por este novo auto que sigue dando a razón ó Concello ante as demandas presentadas por Construcciones y Contratas Sánchez S.L., empresa recentemente perdeu outra sentenza ante este Concello (Auto número 112/2021 do 1 de decembro de 2021), na que a xustiza determinou a prevalencia do interese público fronte o particular da finca propiedade de dita empresa, logo de que establecera medidas cautelares condicionando á empresa á presentación dun aval solidario cuxa contía debería cubrir o importe dos perxuízos da non execución da obra, cifrada en 350.116,75 euros, aval que non foi presentado”.
Daquela, a empresa dispuxera dun prazo de 5 días, logo do cal o aval non foi presentado, aspecto que se recolle na Dilixencia de Ordenación emitida polo citado xulgado, o 11 de xaneiro de 2022: “transcurrido el plazo conferido en Auto de fecha 01-12-2021, para que por la parte recurrente “Construcciones y Contratas Sánchez S.L.”, constituyera la caución acordada en dicho auto, sin que conste haberlo hecho”.
Así, a Dilixencia daba á razón ó Concello admitindo nun so efecto o recurso de apelación interposto polo Concello de Monforte contra o Auto do 1 de decembro de 2021, e polo tanto, permitindo seguir adiante coas obras xa iniciadas na Zona C, a mediados do pasado mes de xaneiro.
O rexedor monfortino subliña que “seguimos adiante, amparados pola legalidade e pola xustiza, co proceso construtivo que iniciamos a mediados do pasado mes de febreiro para urbanizar e dotar de servizos á Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas, proxecto que sen dúbida cambiará a fisionomía da nosa cidade”.
Antecedentes
O terreo, denominado “Zona C”, foi calificado como solo urbano non consolidado, polo Pleno do Concello de Monforte celebrado o 12 de abril do ano 2000, fai máis de 20 anos, sendo publicado no BOP de 26 de abril e publicado no DOG de 27 de abril dese mesmo ano. Mediante ese acordo plenario produciuse unha modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal, que permiten urbanizar esas zonas e poñelas ó servizo da cidade de Monforte.
Para poder levar a cabo esta urbanización, o primeiro paso dado foi levar a cabo o Proxecto de Reparcelación da “Zona C”, desenvolto pola empresa MONSA Urbanismo, e aprobado inicialmente na Xunta de Goberno do Concello, en data 23 de novembro de 2020.
O 9 de decembro de 2020, iniciouse o proceso de notificación ós donos das parcelas afectadas por este proxecto, notificación que foi realizada polos Axentes da Cidadanía do Concello, domicilio a domicilio.
O seguinte paso foi a exposición pública durante un mes, que empezou a contar dende a notificación ós afectados polas fincas que se reparcelan.
A aprobación do proxecto definitivo así como a resolución das alegacións presentadas tivo lugar en Xunta de Goberno deste Concello o pasado 16 de xuño de 2021.
Rematados estes trámites administrativos, dende o Concello procedeuse a elaborar o proxecto construtivo, que unha vez elaborado, foi presentado hoxe polo Alcalde xunto co anuncio da licitación das obras do citado proxecto.
Unha vez adxudicado e contratada a empresa adxudicataria, Misturas Obras e Proxectos S.A. por un importe de 915.225,85 euros (IVE engadido), o Concello iniciou o pasado 18 de xaneiro as actuacións encamiñadas a urbanizar e dotar de servizos á Zona C. O remate das obras está previsto que sexa, se todo avanza segundo os prazos determinados, estímase no verán deste ano 2022.