Monforte de Lemos, 28 de marzo de 2022. O Concello de Monforte presenta o vindeiro xoves 31 de marzo ás 18:00 h unha representación para público infantil e familiar con entrada libre e gratuíta no salón de actos do Edificio Multiusos, dentro do seu calendario de actuacións teatrais do primeiro semestre do ano.
Trátase da obra Saga de Flin Havardr, da compañía Trécola Monicreques, unha obra orixinal desta compañía, representada por marionetas de fíos e música en directo da mán de Pablo Pintor e no que participan Isa G. Coldeira, Ero Vázquez Cabrera e Pablo Pintor.
Esta obra teatral está incluída no ciclo Monicreques do Circuíto de Teatro Profesional da Deputación de Lugo, da súa Área de Cultura.
O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.
A entrada é gratuíta e a súa entrega farase dende unha hora antes da actuación, ás 17:00 h, e a entrada o salón de actos realizarase ás 17:45 h.
Sinopse
Eran as sagas unha cantiga á heroícidade de grandes guerreiros vikingos fortes e valientes, que abandoaban as súas terras ermas e denostadas polo clima nórdico e zarpaban nos seus drakar para conquistar outros pobos na procura de alimento e tesouros.
Non é o caso da Saga de Flin Havardr... un pastor que vislumbra nun sono as súas proezas como guerreiro e que na realidade leva a cabo unha viaxe inesperada acompañado por unha tripulación moi particular que nada ten de forte ou valiente aínda que abonda en creatividade. Conseguirán chegar a unha terra fértil e fermosa a conta da morriña dun dos seus tripulantes. Conquistarán ou serán conquistados?.
A seguinte obra do ciclo de teatro para público adulto programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será Tabú da compañía Tarabela Creativa que terá lugar o xoves 7 de abril no Edificio Multiusos ás 20:15 h.