Monforte de Lemos, 3 de novembro de 2022. O Concello de Monforte súmase hoxe xoves ó Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar, incluído o ciberacoso (ciberbullying), e para elo a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor azul.
A UNESCO instaurou en 2020 este día, o primeiro xoves de novembro, dado o crecente aumento de casos deste tipo en centros educativos de todo o mundo. Neste senso, o Alcalde, José Tomé Roca indica que “dende o Concello de Monforte, sumámonos esta iniciativa, facéndoa así extensiva a toda a cidadanía, iluminando para elo de cor azul a Torre da Homenaxe, pois a violencia e o acoso escolar, son frecuentes e afectan a numerosos nenos e adolescentes, e atenta directamente contra os seus dereitos así como a súa saúde e benestar”.
A UNESCO fai un chamamento ós Estados Membros, asociados das Nacións Unidas, outras organizacións internacionais e rexionais interesadas, así como á sociedade civil, incluídas as organizacións non gobernamentais, ás persoas interesadas a prestar axuda na promoción, organización e celebración deste día internacional.
Este día ten como obxectivo sensibilizar ás persoas a escala mundial achega do problema da violencia en liña e o ciberacoso, as súas consecuencias e a necesidade de poñerlles fin. Tamén fai un chamado ós alumnos, ós pais, e demais membros da comunidade educativa, ás autoridades encargadas da educación e ás diversos sectores e asociados, incluído o sector das tecnoloxías, a poñerlle atención a este problema para incitalos a contribuír á prevención da violencia en liña, con miras a garantir a seguridade e o benestar de nenos, nenas e novas, xa que provoca terribles secuelas psicolóxicas.
Na sección da páxina web municipal da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte está colgada documentación sobre o ciberbullying e pautas coas que poder orientarte no caso de ser vítima deste tipo de violencia.