Monforte de Lemos, 3 de febreiro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia para mañá cortes na rúa Doutor Casares, co obxecto de levar a cabo actuacións programadas dende o Equipo de Goberno para a mellora da rede de abastecemento municipal de auga en dita rúa Dr. Casares, concretamente á altura do nº 2.
A tal efecto, as obras de mellora desenvolveranse a partir das 15:00 horas de mañá venres día 4 de febreiro, co obxecto de minimizar o efecto das obras sobre o tráfico rodado nesa zona da cidade.
Deste xeito, levarase a cabo o corte da rúa Dr. Casares no tramo entre a praza de Dr. Goyanes e a subida lateral ó Centro de Saúde, corte que permanecerá vixente polo tempo necesario que requira a realización da obra.
O corte estará debidamente sinalizado mendiante valos con sinais de prohibición de entrada que se situarán na entrada á praza de Dr. Goyanes, dende a rúas Malecón e Hortas, e á altura do Campo de San Antonio, nas inmediacións da entrada da rúa Méndez Casal.
“Dende o Concello, seguimos traballando na mellora da rede de abastecemento de auga da cidade, a fin de proporcionar ós nosos veciños e veciñas servizos de mellor calidade, para o que desenvolvemos, dentro do noso programa de mellora das infraestruturas do municipio, esta obra na zona centro da cidade, e nun tramo horario no que o tráfico rodado é menor”, destacou o Alcalde.