Monforte de Lemos, 20 de setembro de 2022. O Concello de Monforte informa que este mércores 21 de setembro levarase a cabo un corte no subministro de auga na rúa Vivendas Caixa de Aforros, para levar a cabo obras cuxo obxectivo é levar a cabo unha mellora na rede de abastecemento municipal en dita zona.
Este corte no subministro de auga afectará a toda a Estrada de A Vide, á rúa Vigo, e a todas as rúas colindantes con estas dúas.
O corte levarase a cabo pola mañá dende as 9:00 ata as 14:00, aproximadamente.
Deste xeito, o Concello segue traballando para a mellora do servizo de subministro de auga de Monforte, agradece a comprensión dos veciños e rogamos desculpen as molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.