Monforte de Lemos, 12 de maio de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia para mañá cortes na rúa Otero Pedrayo, co obxecto de levar a cabo actuacións programadas dende o Equipo de Goberno para a mellora da rede de abastecemento municipal de auga en dita rúa, concretamente á altura do nº 3.
A tal efecto, as obras de mellora desenvolveranse a partir das 15:00 horas de mañá venres día 13 de maio, co obxecto de minimizar o efecto das obras sobre o tráfico rodado nesa zona da cidade. Prevese que as actuacións finalicen arredor das 20:00 horas.
Se cortará a rúa Otero Pedrayo á altura do número 3 ata a rúa de Conde e o corte estará debidamente sinalizado mediante valos con sinais de prohibición de paso.
“Dende o Concello, seguimos traballando na mellora da rede de abastecemento de auga da cidade, a fin de proporcionar ós nosos veciños e veciñas servizos de mellor calidade, para o que desenvolvemos, dentro do noso programa de mellora das infraestruturas do municipio, esta obra na zona centro da cidade, e nun tramo horario no que o tráfico rodado é menor”, destacou o Alcalde.