O Concello de Monforte súmase mañá ó Día Internacional da Loita contra o uso indebido e o tráfico Ilícito de drogas

Monforte de Lemos, 25 de xuño de 2022.  O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que mañá domingo día 26 de xuño, o Concello procederá á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde con motivo do Día Internacional da Loita contra o uso indebido e o tráfico Ilícito de drogas. Esta é unha iniciativa promovida pola OMU e que o Concello apoia, logo da convocatoria levada a cabo dende a Federación Galega de Municipios y Provincias (FEGAMP).

En 1987, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) estableceu o día 26 de xuño de cada ano como o “Día internacional de loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas”.

Coa campaña “Coidados En Tempos De Crises” (#CuidadosEnTiemposDeCrisis), UNODC (Oficina da ONU contra a Droga e o Delito) convoca a gobernos, organizacións internacionais, sociedade civil, e a todas as partes interesadas a que tomen acción urxente para protexer ás persoas. Iso pasa polo fortalecemento da prevención e o tratamento de consumo de drogas, así como a toma de medidas ante a subministración ilícita de drogas.

“O obxectivo desta campaña”, destaca o Alcalde, “é levar a cabo as accións necesarias para alcanzar unha sociedade internacional libre do abuso de drogas. As adiccións constitúen unha problemática que involucra a todos os sectores da sociedade, tanto nas súas causas como nas súas consecuencias e nas medidas e accións para combatelas”.

O Día Internacional da loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de Drogas busca desenvolver estratexias pedagóxicas específicas para cada realidade estatal para que os mozos coñezan os efectos nocivos do consumo de estupefacientes, desenvolver políticas preventivas a través da información, fortalecer valores a través da defensa da familia como núcleo básico da sociedade, e establecer redes de institucións, comunidades e ONG’ s que traballan no ámbito da prevención.

Manifesto:

Manifiesto Día Internacional contra las Drogas 2022