Monforte de Lemos, 29 de abril de 2022. O Concello de Monforte informa que xa está aberto ó tráfico de vehículos a zona do Campo de San Antonio, logo de que estean practicamente rematadas as obras de mellora que se acometeron esta semana no firme na LU-P-3202 entre a glorieta de intersección coa LU-664 e a glorieta de acceso coa CG-2.2, é dicir, a entrada desde a estrada de Ourense e a entrada desde a rúa Chantada.
As obras, que consistiron no fresado e asfaltado mediante aglomerado do firme de ditas vías, que se iniciaron o pasado martes día 26. Debido a que só queda levar a cabo algún retoque e proceder ó pintado das sinais horizontais correspondentes, o Concello xa abriu ó tráfico dita zona.
As zonas que se viron afectadas por estas obras de mellora foron a rúa Ourense, desde o seu entronque con rúa Chantada ata praza Campo de San Antonio; a Praza Campo de San Antonio, no seu vial norte; a rúa Teceláns, desde o seu entronque con rúa Chantada ata Praza Campo de San Antonio (Norte); e a rúa Abeledos, desde o praza Campo de San Antonio ata o entronque en abanico con Rúa Poeta Manuel María e Rúa O Saviñao.
As actuacións de mellora abrangueron uns 200 metros lineais entre ambas vías, nunha superficie total de 685 m2, e o Concello destinou un orzamento de 11.234,18 € ive engadido para a execución das mesmas.