Monforte de Lemos, 29 de setembro de 2022. O Concello de Monforte, a través do departamento de Servizos Sociais e Igualdade, continúa a traballar na inclusión social do colectivo xitano, a través do “Programa de Inclusión Social da poboación de etnia xitana do Concello de Monforte”.
Deste xeito, o vindeiro luns 3 de outubro, e ata o 28 de novembro de 2022, terá lugar a celebración dun Obradoiro de costura básica, cunha duración de 40 horas ó longo de 20 días. Este obradoiro está programado dentro do módulo de “ Transición ó emprego”.
Os horarios, serán, en outubro, os luns, mércores e venres de 10:30-12:30h (12 días), e en novembro, os xoves e venres de 10:30-12:30h (8 días).
Nel participarán 12 persoas que recibirán as súas clases na segunda planta do Centro Cívico de Monforte.
O contido que se impartirá será:
- Introdución á costura.
- Ferramentas utilizadas na costura.
- Utilizando a máquina de coser.
- Introdución ás técnicas de costura.
- Tamén se impartirá algún contido de costura creativa.
Este Programa de Inclusión Social da poboación de etnia xitana do Concello de Monforte inclúe ademais actuacións de apoio á inclusión social básica, apoio á inclusión residencial, transición ó emprego, reforzo socioeducativo de menores e mediación social e/ou intercultural
Este programa está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo (FSE), para o período comprendido entre o 1 de xullo de 2021 e o 30 de abril de 2023.
Para máis información acerca deste tipo de programas e accións, todos os interesados e interesadas poden dirixirse ás oficinas dos Servizos Sociais Municipais, emprazados no primeiro andar do Centro Cívico Social, no Paseo do Malecón s/n de Monforte, ou no teléfono 982416541.