Monforte de Lemos, 14 de xullo de 2022.
COMUNICADO:
O Concello de Monforte manifesta as súas condolencias polo falecemento de Aida Menéndez Lorenzo.
O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, en representación da toda a Corporación municipal e das monfortinas e monfortinos, quere manifestar o pesar que hoxe sente a cidade de Monforte polo falecemento de Aida Menéndez Lorenzo, finada no día de onte.
Queremos mostrar o noso agradecemento pola súa dedicación como Concelleira de Cultura dende o ano 1996 ao 2003, e sobre todo polo traballo levado a cabo como Presidenta da Asociación do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela.
Moitas gracias Aida. Descansa en paz.