Monforte de Lemos, 22 de setembro de 2022. O Concello de Monforte informa do calendario de actividades que organiza dentro do programa “Ler conta moito”, en colaboración coa Biblioteca Municipal, programa que dará comezo mañá.
O obxectivo deste programa é dar a coñecer e fomentar a lectura entre os alumnos e alumnas dos centros de ensino de Monforte.
Deste xeito, o venres 23 de setembro empezan as actividades deste programa, concretamente ás 12:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, coa obra “Hoxe toca maxia”, a cargo de Carlos Tomico. Esta actividade está dirixida a alumnos e alumnas de segundo de Primaria dos centros de ensino de Monforte.
O xoves 29 de setembro as 12:00 horas desenvolverase a obra “Habelas hainas”, por Leo Leíño, tamén no salón de actos da Casa da Cultura. Esta obra é para alumnos e alumnas de primeiro de Primaria dos centros de ensino de Monforte.
Finalmente, o venres 7 de outubro as 12:00 horas terá lugar no mesmo lugar a obra ”A maxia dos contos” a cargo do Mago Teto, para alumnos e alumnas de terceiro de Primaria dos centros de ensino de Monforte.