O Concello xa ten listos os preparativos para a XII Carreira Popular de Monforte, con 1.158 inscritos

Monforte de Lemos, 30 de marzo de 2022. A poucos días para o inicio da duodécima edición da Carreira Popular de Monforte, o Alcalde, José Tomé Roca, amosa a súa satisfacción polo número de persoas anotadas: “A pesares da pandemia, mantemos un número similar de inscritos con respecto á última edición celebrada en 2019, co cal podemos dicir que a Carreira Popular volve con forza e que é todo un éxito de participación”.

O peche das inscricións para participar na XII Carreira Popular Concello de Monforte que se celebrará o vindeiro domingo 3 de abril, tivo lugar onte, cun total de 1.158 persoas inscritas para participar nalgunha das carreiras que forman parte do evento.

O Alcalde anima a todos os veciños e veciñas de Monforte a presenciar as carreiras e a animar ós seus participantes “pois o alto número de inscritos garante que vaiamos a ter un gran ambiente atlético durante a mañá do domingo”.

O número de inscritos/as para cada unha das carreiras é o seguinte:

  • Categoría mini: 117
  • Categorías prebenxamín: 248
  • Categoría benxamín: 150
  • Categoría alevín: 136
  • Categoría infantil e cadete: 104
  • Categoría absoluta: 413

 

Horarios das probas

Son os máis cativos os que comezarán a competir ás 11:00 h. na categoría mini sobre una distancia total de 80 metros e a continuación darán paso á categoría prebenxamín, ás 11:10 h, benxamín ás 11:20 h, alevín ás 11:30 h, e infantil – cadete ás 11:40 h.

Ás 12:00 h. está prevista a saída da carreira absoluta sobre un percorrido de 10.000 metros no que tomarán a saída 413 atletas.

Entre as probas de menores e a proba absoluta establécense un total de 14 categorías o que da lugar a un reparto importante de trofeos, xa que os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo conmemorativo do evento. A única categoría na que non haberá clasificación e na MINI onde todos e todas os e as participantes levarán unha medalla e unha bolsa de lambetadas como agasallo por rematala carreira.

Todos/as os/as atletas que finalicen cada unha das carreiras nas que participen recibirán un agasallo conmemorativo do evento así como avituallamento sólido e líquido.

 

Percorridos

As probas de categorías menores terán lugar no entorno das rúas Compañía, Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure con meta no interior da Praza da Compañía, a excepción da carreira de categoría mini que ten a meta á altura dos quioscos situados na rúa Compañía.

A carreira absoluta ten un percorrido totalmente urbano que transcorre polas principais e máis céntricas rúas do Concello: Saída da Praza Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avda. de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avda. de Galicia – Rúa Cardeal -  Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía.

 

Cortes de tráfico

A organización deste evento implica a alteración do trafico nalgunha das rúas polas que circula a carreira, feito polo que o Concello de Monforte pide a comprensión de tódolos veciños e veciñas.

O tráfico verase afectado do seguinte xeito:

  • Entre as 10:15 e as 13:45 h. estarán cortadas ó tráfico as seguintes rúas:
    • R/ Compañía dende a Praza Ponte Fontecha
    • Paseo de Lugo entre Dalmiro de la Válgoma e Duquesa de Alba
    • Dalmiro de la Válgoma
    • Escultor Frco. Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro.
    • R/ Reboredo, do número 1 ata o paso a nivel.
  • Entre as 11:45 e as 13:30 h. estarán cortadas as seguintes rúas:
    • Aparcamento do Parque dos Condes
    • R/ Compañía
    • R/ Paseo de Lugo
    • R/ Aceña Nova
    • R/ Carud
    • R/ Paredes
    • R/ San Lázaro
    • R/ Duquesa de Alba
    • R/ Dalmiro de la Válgoma
    • Escultor Frco. Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro
    • R/ Sarria
    • Avda. de Galicia dende o cruce con R/ Sarria ata o cruce coa R/ Ourense
    • Roberto Baamonde dende R/ Conde ata o cruce coa R/ Cardenal, con desvío da circulación por R/ Otero Pedrayo.
    • R/ Conde, tramo dende Oficina de Correos ata Prazuela do Conde.
    • R/ Cardenal Rodrígo de Castro
    • R/ Hortas
    • Praza Dr. Goyanes
    • R/ Doutor Casares dende Praza Doutor Goyanes ata cruce con Paseo do Malecón
    • Paseo do Malecón
    • Ponte vella
    • R/ Sta. Clara dende enlace con R/ Corredoira ata R/ A. Mendez Casal
    • R/ A. Méndez casal
    • Praza Campo de San Antonio
    • Tramo R/ Ourense entre Campo de San Antonio e Cruce con R/ Chantada
    • Estacionamentos públicos da R/ Hortas e Campo de San Antonio (traseira de Gonzalo Seguros)

 

Entrega de dorsais

Nesta edición do evento a entrega de dorsais realízase por adiantado e non se entregarán dorsais o día da carreira. Para elo o Concello de Monforte habilitará un punto de entrega de dorsais na praza da Compañía, en fronte das “Oficinas Municipais das Casitas” co seguinte horario:

  • Venres 1 de abril de 9:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
  • Sábado 2 de abril de 9:00 a 14:00 h.

 

Utilización de máscara protectora

A única limitación existente en relación co COVID-19 é a obrigatoriedade de utilizar a máscara de protección no momento da saída e unha vez cruzada a liña de meta, así como no momento da entrega de premios. Unha vez dada a orde de saída de cada carreira os/as deportista deberán saír correndo coa máscara posta, que poderán retirar unha vez transcorridos os primeiros metros que permitan cumprir coa distancia de seguridade.

Tamén será obrigatorio o uso da máscara para recoller o trofeo no momento da entrega de premios.