O Concello instalará dous videomarcadores deportivos LED de última xeración nos campos de fútbol Luís Bodegas e da Pinguela

Monforte de Lemos, 8 de outubro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a apertura do prazo de licitación para a presentación de ofertas para a adquisición e instalación de dous novos videomarcadores LED de última xeración, un para o Campo Municipal de Fútbol da Pinguela, e o outro para o Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas.

“Con estes novos videomarcadores, que substituirán ós marcadores deportivos convencionais existentes nestes dous campos municipais de fútbol, o Luís Bodegas e o da Pinguela, contaremos con unhas ferramentas de última tecnoloxía que nos permitirán non só ofrecer os resultados ou o tempo de xogo, senón tamén, todo tipo de información, así como a proxección de vídeos e contidos multimedia”, destaca o rexedor monfortino.

Estas dúas instalacións deportivas municipais están dotadas dun campo de fútbol 11 de herba natural, no caso  do  Campo Municipal da Pinguela, e dous campos de herba artificial, un de fútbol 11 e outro de fútbol 7, no caso do Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas.

Un total de 5 clubs de fútbol utilizan estas instalacións deportivas tanto para adestramentos como para competicións deportivas federadas. Na instalación tamén se levan a cabo actividades propias de diferentes programas deportivos  organizados  polo Concello de Monforte, así como alugueres por parte de usuarios de tempo libre.

“Actualmente”, sinalou o Alcalde, “estas dúas instalacións municipais están dotadas con marcadores deportivos convencionais, con carcasa metálica, que non se adaptan á evolución tecnolóxica dos marcadores da actualidade. Por iso, dende o Equipo de Goberno consideramos necesario buscar unha solución tecnolóxica axeitada á realidade actual, cun sistema versátil e  personalizable que nos permita adaptarnos a todas as necesidades deportivas e que ademais nos sirva como ferramenta de comunicación tanto institucional como por parte dos equipos que utilizan as instalacións”.

-Para a adquisición destes novos videomarcadores LED, o Concello dispuxo unha partida orzamentaria de 43.378,50 euros, ive engadido. O prazo de presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 15 de outubro.

Xunto coa instalación dun videomarcador de similares características a finais do pasado ano no polideportivo de A Pinguela, o Concello segue a renovar este tipo de ferramentas, para contribuír á mellora das instalacións deportivas municipais, ofrecendo un mellor servizo ós seus usuarios.

Características técnicas e prazos

As características mínimas dos videomarcadores LED, que deberán ser aptos para exteriores, serán as seguintes.

Para o Campo municipal de fútbol da Pinguela:

  • Dimensións da pantalla LED: 7,5 m2.
  • Espesor máximo da pantalla: 8 cm.
  • Peso máximo da pantalla: 300 kg.
  • Pixel Pitch: 10 mm – P10.
  • Tipo de LED: SMD (non admisible GGD/DIP).
  • Brillo: >6.500 nits.
  • Ordenador PC Controls: Portátil So Windows 10, para a xestión da pantalla LED, con software de control, deportivo e multimedia. Este levará un procesador LED (para procesar as imaxes recibidas e transmitilas á pantalla) e un sistema de vídeo deportivo.
  • Ángulo de visión: H 140º / V140º.
  • Temperatura de traballo: -20ºC a 70ºC
  • Humidade de traballo: 10-95% Rh
  • Vida útil: 100.000 horas.
  • Certificados: Marcado CE, EMC, LVD, RoHS.
  • Consumo máximo: máximo 6.500 W.
  • Mantemento: Frontal e traseiro.
  • Aplicacións: Multideporte/Multimedia.

Para a instalación da pantalla no campo, subministrarase unha estrutura que irá ancorada no chan, e sobre a que se colacará o vídeomarcador.

Para o Campo municipal de fútbol Luis Bodegas:

  • Dimensións da pantalla LED: 3,75 m2.
  • Espesor máximo da pantalla: 8 cm.
  • Peso máximo da pantalla: 150 kg.
  • Pixel Pitch: 10 mm – P10.
  • Tipo de LED: SMD (non admisible GGD/DIP).
  • Brillo: >6.500 nits.
  • Ordenador PC Controls: Portátil So Windows 10, para a xestión da pantalla LED, con software de control, deportivo e multimedia. Este levará un procesador LED (para procesar as imaxes recibidas e transmitilas á pantalla) e un sistema de vídeo deportivo.
  • Ángulo de visión: H 140º / V140º.
  • Temperatura de traballo: -20ºC a 70ºC
  • Humidade de traballo: 10-95% Rh
  • Vida útil: 100.000 horas.
  • Certificados: Marcado CE, EMC, LVD, RoHS.
  • Consumo máximo: máximo 3.000 W.
  • Mantemento: Frontal e traseiro.
  • Aplicacións: Multideporte/Multimedia.

Para a instalación da pantalla no campo, subministrarase unha estrutura que irá ancorada no chan, e sobre a que se colacará o vídeomarcador.

O adxudicatario deberá contar cos medios persoais e materiais necesarios para realizar a instalación dos vídeo marcadores en cada unha das instalacións deportivas. Os traballos inclúen subministro, transporte, cableado, instalación e formación presencial ao persoal municipal e aos representantes dos clubs que designe o Concello de Monforte, así como manuais escritos.

Os equipos subministrados terán unha garantía de bo funcionamento de mínimo 2 anos.

O prazo de execución máximo do presente contrato é de 1 mes, a contar dende o día seguinte á formalización do contrato.

 

Criterios de adxudicación

Os criterios de adxudicación serán os seguintes:

  • Oferta económica: 65 puntos.
  • Sustentabilidade e Medio Ambiente (ISO 10064-1:2012): 5 puntos
  • Ampliación do prazo de garantía: 2,5 puntos; cada ano adicional ofertado, ata 5 puntos.
  • Calidade da pantalla: Segundo o recollido no Anexo XII e a cláusula 10 do prego de prescricións técnicas: ata 25 puntos.