O Concello informa da chegada a Monforte de conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura cos despregues 4G e 5G

Monforte de Lemos, 17 de novembro de 2022. O Concello informa que os operadores de telefonía móbil anunciaron que durante as próximas semanas levarán a cabo en Monforte o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, que permitirá ós habitantes de Monforte disfrutar de conexións móbiles de alta velocidade con mellor cobertura no interior dos edificios e cunha maior área xeográfica.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), "Llega700" é a entidade constituída polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

O despregue enmárcase no disposto no Real decreto 579/2019, do 11 de outubro, do que se liberaron as frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles UHF 49 a 60) que ata entón se utilizaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, un proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, estas frecuencias foron asignadas aos operadores de telefonía móbil para que prestasen os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura

A nova rede móbil abriu a porta a servizos e aplicacións innovadoras, ademais de achegar importantes melloras tanto na velocidade de descarga como na transmisión de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais en alta definición) ou aproveitar ó máximo as aplicacións en liña, como vídeoxogos.

A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados coa orografía complicada presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda é a gran penetración nas zonas interiores dos edificios.

A nova xeración tamén facilita a introdución de novos servizos no ámbito empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais móbiles con alto contido multimedia ou o uso de videochamadas, entre outros.

Ademais, a maior cobertura acadada polo despregamento nas bandas de 700 e 800 MHz mellorará o servizo no interior dos edificios e será a banda que permita estender o servizo de forma xeograficamente eficiente..

 

Garantindo a compatibilidade da rede móvil de nova xeración e a TDT

“Llega700” é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da difusión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.

Para garantir esta compatibilidade, Llega700 pon a disposición dos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen un trámite corrector tras a activación das estacións, para o que esta entidade será a encargada de atender aos usuarios afectados, xestionando e resolvendo os posibles efectos sen ningún custo.

Segundo a Orde Ministerial que regula este proceso, o prazo para solicitar actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil.

 

O Concello informa que o 30 de novembro rematará definitivamente o prazo para solicitar accións gratuítas por parte dos usuarios da TDT, polos posibles efectos que provocan os nodos 4G e 5G.

Para xestionar estes servizos púxose a disposición dos cidadáns un servizo telefónico gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega700.es.