Monforte de Lemos, 24 de xaneiro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar que dende mañá martes 25 de xaneiro, procederase ó apagado das fontes da cidade co obxectivo de evitar roturas das tubarías das mesmas por conxelación.
Deste xeito, as fontes que deixarán de funcionar serán a fonte do Parque da Compañía, a fonte da Estación, e a fonte cibernética da praza das Casitas.
Esta medida seguirá vixente ata que pase a actual ola de frío, que está a provocar temperaturas baixo cero na cidade do Cabe.