COMUNICADO OFICIAL ACTUALIZADO SOBRE O HACKEO Á WEB DO CONCELLO

COMUNICADO OFICIAL ACTUALIZADO SOBRE O HACKEO Á WEB DO CONCELLO

Na tarde de onte luns 31 de xaneiro, os técnicos informáticos do Concello de Monforte detectaron un ataque posiblemente a cargo dun hacker ruso á web oficial municipal.

O ataque facía que de xeito aleatorio aparecesen contidos non desexados no momento en que se accedía á páxina inicial da web, motivo polo cal decidiuse que a páxina permanecese provisionalmente fora de servizo, ata que fora subsanado o ataque.

En ningún momento se roubaron datos de ningún usuario ou cliente, nin datos da web; tratouse dun ataque de spam, por iso aparecía publicidade non desexada na páxina de inicio da web.

Polo tanto, non se tratou dun ataque a propósito ó Concello nin se lle pediu nada, son ataques xeralizados e indiscriminados, que non rouban datos nin se apropian da web, so insertan publicidade maliciosa.

Aínda que a primeira hora da mañá parecía que o problema estaba resolto e que a web volveu a estar operativa, detectouse que noutras apartados da web seguían aparecendo insercións publicitarias, polo que dende o Concello deciudiuse volver a pechar a web, a fin de profundizar na limpeza total da mesma, o cal se calcula que poida levar 2 ou 3 días.

Queremos recalcar que a Sede Electrónica do Concello non se veu afectada por dito ataque en ningún momento, sendo o seu funcionamento normal. Para utilizala é necesario utilizar a dirección: sede.monfortedelemos.es.

Insistir en que non foi un ataque contra o Concello, nin que se produciu un roubo de datos, senón que é un ataque para insertar contidos publicitarios e que obriga a revisar todos os departamentos da web.

Unha vez sexa revisada e limpada a web na súa totalidade, volverá a ser posta ó servizo dos usuarios.

Monforte de Lemos, 2 de febreiro de 2022