Monforte de Lemos, 6 de maio de 2022. O XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo Concello de Monforte, a través da súa Concellería de Cultura, continuará a súa andaina a vindeira semana coa celebración das 4 obras que quedan por escenificarse. En todos os casos será a partir das 8 da tarde no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
Deste xeito, o luns día 9 o CEIP Plurilingüe Monforte, estreará a obra “Vida e cores”; o martes 10 será a quenda do IES Río Cabe, coa obra “O soño do Novelo nunha noite de verán”; o mércores 11, o IES A Pinguela, representará a “A rateira”; e a última peza deste ciclo, será representada por Prodeme (asociación convidada), coa obra “Néboa no bigote”, o xoves 12 de maio.
Díptico CEIP Plurilingüe Monforte 2022
Colaboración do Concello de Monforte co Certame
O Concello colabora cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros.
Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.
A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 18 de maio ás 18:00 h.