Monforte de Lemos, 28 de setembro de 2022.
O Concello informa que se ven de producir unha avaría no subministro de auga en San Xoan de Tor no que se ven afectados Seoane, Moreda, San Xulián de Tor e San Xoan de Tor.
A avaría xa está sendo reparada nestes monentos, e agárdase que o servizo poida ser reestablecido o antes posible.
Dende o Concello agradécese a comprensión dos veciños e veciñas, e rogamos disculpen as molestias que esta avaría poida ocasionar.