Monforte de Lemos, 19 de maio de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola pola 1ª Tenente de Alcalde do Concello, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o concelleiro de Servizos, José Luís Losada, inaugurou a XIII Bienal de Pintura organizada polo Eixo Atlántico e que acolle a sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ata o luns 30 de maio.
O rexedor monfortino destacou que a mostra “é un escaparate perfecto para apreciar a creatividade e sensibilidade de artistas que pertencen os concellos e cidades que integran o Eixo Atlántico”.
Trátase da primeira Bienal organizada polo Eixo Atlántico tras a pandemia da Covid-19. O Alcalde destacou a calidade das obras dos 30 artistas que se presentaron a esta edición, e cuxos premios foron fallados e entregados o pasado 1 de febreiro na localidade lusa de Mirandela.
Tras 25 anos, a Bienal de Pintura consolídase como unha oportunidade para que os artistas do Eixo Atlántico gocen dun recoñecemento profesional e é unha plataforma de lanzamento de novos pintores da Eurorexión.
Nesta edición os galardóns ascenderon a 4.000 euros para a mellor obra do certame, 2.000 euros para o 2º premio e 1.500 para o Premio Novos Talentos Luso-galaicos.
Obras premiadas
1º Premio Eixo Atlántico: Mellor obra do certame
Tito Senna (Brasil, 1985), coa obra Coração Resiliente
2º Premio Eixo Atlántico
Fruela Alonso Blanco (Lloro, Asturias, 1974), coa obra Betty
Premio Xóvenes Talentos Luso-galaicos Eixo Atlántico
Breogán Torres Gutiérrez (Vigo, 1999), coa obra As cancións de mariñeiros que falan de liberdade escríbeas xente de terra.
Mención de honra
Javier Pena (Sarria, 1947), coa obra 2D-3D
Mención de honra
J. Antonio Castro-Muñiz (Ponferrada, León, 1957), coa obra Con la que esta cayendo.
Mención de honra
Ricardo de Campos (Monçao, 1977), coa obra Poéticas do Desejo.
Mención de honra
Thomas Apostolou (Grecia, 1985), coa obra Untitled
Mención de honra
Raul José de Oliveira Ferreira (Vila Nova de Gaia, 1975), coa obra That was just a dream (diptych)