Monforte de Lemos, 16 de abril de 2022. Coa lectura ás 12 da mañá na Praza de España do saúda por parte do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu comezo oficialmente a XVIII Feira Medieval de Monforte, que se desenvolve hoxe sábado 16 e mañá domingo 17 de abril na cidade do Cabe.
O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o 2º Tenente Alcalde e voceiro, Ibán Torres, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira de Consumo, Regina López, a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé, os concelleiros do Partido Popular, Katy Varela e Víctor Rodríguez, o concelleiro do BNG, Emilio Sánchez, a Inspectora Xefa do Corpo de Policía de Monforte, Mónica Gutiérrez, os Comandante de Puesto e o Capitán Guardia Civil de Monforte, José Luís Eguren eJosé Antonio Hernández, Inspector Xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez.
Tamén asistiron diversas autoridades do eido provincial como Pablo Rivera, Deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, José Luís Raposo, e Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, Luís Álvarez, Deputado e Voceiro do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Ana Prieto, Diputada no Congreso dos Deputados, José Antonio Quiroga, Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, entre outros.
Tras o saúdo oficial do Alcalde, tivo lugar a salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, que deu inicio oficial á Feira.