Monforte de Lemos, 25 de marzo de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurará mañá sábado 26 de marzo ás 11 horas o “Mercado para a Medieval” na zona dos mercados da Praza de Abastos de Monforte, “un certame co que buscamos potenciar e promocionar a Feira Medieval, un evento turístico que trae unha gran afluencia de público e visitantes a Monforte durante a fin de semana da Semana Santa”. Este ano 2022, a Feira Medieval alcanza a súa 18ª edición que se celebrará durante a fin de semana do 16 e 17 de abril.
Antes da inauguración oficial, no mesmo espazo da Praza de Abastos, o Alcalde ofrecerá ás 11 horas unha rolda de prensa ós medios de comunicación para presentar o programa oficial de actividades da Feira Medieval.
Mercado para a Feira Medieval 2022
O Mercado para a Medieval é un preludio da Feira Medieval, polo que a súa temática xira arredor da preparación para dita Feira.
Deste xeito, o Mercado contará coa presencia de 16 stands nos que haberá traxes medievais confeccionados a man para adultos e nenos, complementos para os traxes como bolsos ou cintos, alfarería tradicional de Gundivós, artesanía en coiro, bixutería, cosmética natural, talla en madeira e noutros materiais, barbaría e maquillaxe para lucir acorde ós traxes, decoración de mesas de terraza para hostalería e hotelería así como decoración de mesas medievais de comedor e centros florais elaborados por diferentes floristerías da cidade.
Ademais, os paneis expositivos situados no Mercado propoñerán diferentes estilos decorativos para todo tipo de mesas e espazos: decoración de terrazas con alpacas e madeira, mesas de comedor con diferente formato, decoración con diferentes louzas, etc.
Este ano tamén participarán diversas pastelerías e panaderías de Monforte cunha exposición de doces, pasteis, bizcochos e tartas inspirados no Medievo.
Como en pasadas edicións, celebrarase o concurso “A polo mellor doce...” onde os visitantes poderán avaliar o mellor doce dos expostos durante o Mercado, votación da que resultará elixido un gañador.
O sábado día 26 organizarase o Desfile Medieval, que terá lugar ás 18:30h. con entrada libre ata completar o aforo do recinto.
Previamente, ás 5 da tarde, celebrarase un Obradoiro-Contacontos para os máis pequenos, “O Carballo con Botas” dirixido por Anxo Moure. Esta actividade é gratuíto e admite un máximo de 20 nenos. O mesmo día do Mercado, os interesados poderán anotar ós nenos e nenas no stand de dito obradoiro.
O horario do Mercado para a Medieval 2022 será o seguinte:
Sábado día 26 de marzo de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h a 21:00h.
Domingo día 27 de marzo de 11:00h. a 14:00h.