Monforte de Lemos, 19 de xuño de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, foi o encargado de oficiar na mañá de hoxe a entrega de premios do GP Master Ribeira Sacra de ciclismo, que se tivo como punto de saída e chegada a praza Luís de Góngora, no conxunto monumental de San Vicente de Monforte.
No acto, estivo acompañado por membros da organización, o Club Ciclista Chantadino, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán.
O Alcalde destacou que “o éxito de actividades deportivas coma a de hoxe supoñen unha importante promoción tanto para o noso concello como para a Ribeira Sacra, neste cabo cunha proba ciclista que reuniu preto de 200 corredores e que serve ademais para promocionar a nosa comarca”.
Así, este domingo 19 de xuño Monforte acollerá a saída e chegada do “Gran Premio Master Ribeira Sacra” de cilismo que reunirá en Monforte en torno a 200 ciclistas.
A saída, que foi neutralizada, tivo lugar ás 11:00 h. dende praza Luís de Góngora para posteriormente dirixirse a Bóveda, Rubián, Pobra do Brollón e Sober dende onde o pelotón se dirixiu novamente a Monforte entrando pola N-120A.
Xa no Concello monfortino, os ciclistas continuaron pola rúa do Casar, Ronda Mª Emilia Casas Baamonde, rúa San Pedro, rúa Leopoldo Calvo Sotelo e rúa Lagares ó final da cal os ciclistas encararon a subida a San Vicente, onde estaba situada a liña de meta.
Os tres primeiros clasificados, foron:
- Javier Freire Cea do clube Huerces C.D.
- Iago Alonso Alonso, do C.C. Chantadino.
- Francisco Javier Iglesias Mosquera, C.C. Cidade de Santiago.