Monforte de Lemos, 29 de agosto de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de deportes, José Manuel Mougán, o de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, fixo entrega na madrugada de onte dos premios e trofeos da 12ª edición do Torneo de Volei Praia do Cadrado.
O torneo disputouse no Parque dos Condes entre o sábado 20 e onte domingo 28 de agosto, batendo récord de participación con 163 parellas inscritas, o que suporá un total de 346 partidos ó longo dos 9 días de duración do torneo. E os participantes anotados foron dende os 9 ata os 62 anos de idade.
A asignación municipal para cubrir estes gastos comentados polo rexedor monfortino é de 4.550 €, e nela incluíronse os costes da instalación dos campos de xogo así como da dotación do material necesario para a disputa dos partidos: postes, redes, cadeiras de arbitraxe, valos e liñas de marca de delimitación dos campos, etc. Da mesma forma, o Concello de Monforte tamén aportou o subministro de trofeos e medallas, así como dúas casetas de obra para a almacenaxe de material e tres carpas para a zona de organización do evento.
Relación de participantes premiados
SUB 12
1º.- Paula, Aina e Angie
2º.- Candela, Alma e Irene
3º.- Clara, Ángela e Uxía
SUB 15
1º.- Pena e Izan
2º.- Uxía e Olivia
3º.- Dalox e Borja
SUB 19 Masculino
1º.- Cota e Óscar
2º.- Anier e Borja
3º.- Robredo e Rodrigo
SUB 19 Feminino
1º.- Carla e Carol
2º.- Uxía e Jessica
3º.- Luzía e Candela
SUB 18 mixto
1º.- Luis e Uxía
2º.- Marcos e Jessica
3º.- Izan e Olivia
Feminino
1º.- Carla e Uxía
2º.- Jana e Xiana
3º.- Esther y Alicia
Masculino
1º.- David e Javi
2º.- Cota e Óscar
3º.- Jaime e Dani
Mixto
1º.- Marcos e Uxía
2º.- Xiana e Jaime
3º.- Candela e Izan
Súper 80
1º.- Ana e María
2º.- Juan e Miguel
3º.- Ramudo e Núñez
Pai e Fillo
1º.- Núñez e Izan
2º.- Lucía e Esporas
3º.- Valeria e Juan