Monforte de Lemos, 28 de maio de 2022. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, ven de anunciar importantes investimentos que o Concello ten previsto levar a cabo en dúas importantes instalacións deportivas da cidade, como son o Campo Municipal de Fútbol da Pinguela e o Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas.
En concreto, trátase dun investimento total de máis de 180.000 euros, en concreto, 181.735,79 €, en proxectos “dos que xa estamos ultimando a súa posta en marcha e execución, xunto coa Concellería de Deportes, proxectos que sen dúbida mellorarán significativamente as instalacións e os servizos ofertados por estas dúas instalacións deportivas municipais”, sinala o Alcalde.
Campo Municipal de Fútbol da Pinguela
As actuacións que o Concello prevé acometer no Campo Municipal de Fútbol da Pinguela son:
- A renovación do terreo de xogo do campo, cun investimento de 48.309,25 €.
- A mellora da iluminación do campo de fútbol e as pistas de atletismo, e a instalación de iluminación nas gradas, por un total de 47.795,00 €.
- A instalación de vídeo marcador de 9 metros cadrados cun investimento de 23.995,24 €
Polo tanto, a inversión total prevista polo Equipo de Goberno do Concello para o Campo Municipal de Fútbol da Pinguela é de 120.099,49 €.
Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas
Polo que respecta ó Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas, o Concello ten previstas as seguintes actuacións.
- Mellora da iluminación dos campos de fútbol, con cambio a tecnoloxía LED, por un valor estimado de 45.980,00 €.
- Instalación dun vídeo marcador de 5 metros cadrados cun orzamento estimado de 15.656,30 €.
O investimento total prevista polo Equipo de Goberno do Concello para o Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas é de 61.636,30 €
O Goberno de José Tomé irá anunciando os detalles de cada actuación unha vez se vaian concretando e licitando os proxectos anunciados.