Monforte de Lemos, 3 de maio de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta hoxe da apertura do prazo de presentación de ofertas para a licitación do contrato de renovación e mantemento da sinalización horizontal das vías e espazos públicos que son competencia do Concello.
“Trátase da inversión máis alta destinada para este fin dos últimos anos” destaca o Alcalde “xa que destinamos un orzamento de 152.468,48 €, ive engadido, e que suporá a mellora da sinalización horizontal a través de 130 actuacións en rúas e vías de todo o concello, e nas que se inclúe tamén todo o Polígono do Reboredo, a chaira do cemiterio ou o mercado gandeiro”.
O prazo para a presentación de ofertas é de 13 días, logo de que hoxe fora publicado o anuncio de licitación na Plataforma de Contratos do Sector Público. O luns 16 de maio de 2022 será o último día para presentar propostas a este concurso.
Logo de que remate o prazo de presentación de ofertas, as correspondentes mesas de contratación está previsto que se celebren o mércores 18 e luns 23 de maio.
Unha vez adxudicados os traballos de mellora e mantemento da sinalización horizontal, estímase que o desenvolvemento dos mesmos sexa de 30 días, polo que a previsión, se a climatoloxía o permite, é que rematen a finais do mes de xullo.
Traballos a executar
O adxudicatario realizará todos os traballos necesarios, incluíndo a aportación de materiais, maquinaria, utillaxe, equipamentos, etc., para renovar a sinalización horizontal existente nas rúas ou espazos públicos que se relacionan a continuación, ou, no seo caso, das partes das mesmas que especificamente se indiquen cando a renovación sexa limitada a un tramo ou tramos específicos da vía de que se trate, así como as modificacións, adaptacións de mellora e dotación de novos elementos de sinalización que se determinen.
A entidade ou persoa adxudicataria renovará a totalidade das marcas viais e sinais horizontais efectivamente existentes nas vías obxecto de actuacións, facéndoo sempre na forma, dimensións e cores preexistentes, salvo no caso en que pola Policía Local ou polo servizo que detemine o Concello de Monforte de Lemos se lle requira para a aplicación de modificacións.
130 actuacións de mellora da sinalización horizontal en rúas e zonas públicas municipais
As rúas e zonas incluídas neste contrato son as seguintes:
- R/BENITO VICETTO - Completa ata ligazón con N-120.
- R/MUÍÑOS DE ANTERRO - Completa.
- R/PONCHE DOUS PICOS - Completa, inclúe baixada lateral a vía FC. e tramo ata ligazón con R/Benito Vicetto.
- R/MALVARÓN - Completa.
- R/EDUARDO BRANCO AMOR - Tramo inicial en ligazón con R/Eduardo Pondal e tramo de ligazón con Cº Centeás.
- R/EDUARDO PONDAL - Completa, inclúe anexos de R/Alexandre Bóveda, lateral a nº 102, prolongación de Centeás ata estrada Canle e pista Centeás.
- R/VALLE INCLÁN - Completa, ata finalización de zona dotada de beirarrúas, inmediacións entrada de Cerámica do Castelo.
- R/AROUSA - Completa.
- R/MUÍÑOS DE ANTERO - Completa.
- R/FILGUEIRA VALVERDE - Completa.
- R/AS CRUCES - Completa.
- R/CHAMOSO LAMAS - Completa.
- R/ RIOSECO - Completa.
- R/POETISA MARÍA MARIÑO - Tramo de zona de vivendas – Exclúese a parte final entre a Pista de As Curces e a entrada a Formigóns Rioseco.
- R/PADRE FEIJOO - Completa.
- R/JUAN MONTES - Completa – Inclúe ata glorieta de acceso a Porto Seco.
- R/CONDESA PARDO BAZÁN - Completa.
- R/ROSALÍA DE CASTRO - Completa.
- R/Dr. LÓPEZ SUÁREZ - Completa.
- R/RAMÓN Y CAJAL - Completa.
- R/VILANOVA - Completa.
- R/PONTE DÁ VIRXE - Completa.
- R/PRAZA ESTACIÓN - Completa.
- R/CONCEPCIÓN ARENAL - Completa.
- R/CORUÑA - Tramo desde reserva de carga e descarga fronte a nº 19 ata ligazón con R/Leopoldo Calvo Sotelo.
- R/ CANEIRO - Exclusivamente o paso de peóns e a liña de detención de leste na saída a R/Dr. Casares.
- R/PONTEVEDRA - Completa.
- R/RIBEIRA - Completa.
- R/CURROS ENRIQUEZ - Completa.
- R/Dr. CASARES - Carga e Descarga en nº 3, novas dotacións en Centro de Saúde e completo en tramo desde nº 116 ata final.
- PASEO DO MALECÓN.
- R/HORTAS E ANEXOS - Unicamente anexo de Praza de Dr. Goyanes e o tramo que se indica entre nº1 39 e 43.
- R/ MORÍN - Completa.
- R/SAN PEDRO - A partir de nº 5.
- R/CARLOS CASARES - Completa.
- R/AVELINO CACHAFEIRO - Completa.
- R/JACINTO BENAVENTE - Completa.
- R/JUAN RAMÓN JIMÉNEZ - Completa.
- R/ ZAPARDIEL - Completa.
- R/LEOPOLDO CALVO SOTELO - Completa.
- R/LAGARES - Completa.
- R/FLORIDA - Completa.
- PRAZA DA FLORIDA - Completa.
- R/REAL - Completa.
- R/CENTRAL - Completa.
- R/GERMÁN VÁZQUEZ - Completa.
- Estacionamento R/PRETO - Completa.
- PRAZA DO PIÑEIRO - Completa.
- R/ESTRELA - Completa.
- R/Dr. FLEMING - Completa.
- R/ CORNA - Completa.
- R/RICARDO QUIROGA - Completa.
- R/SANTO DOMINGO - Completa.
- R/PRAZA DE ESPAÑA - Completa.
- R/JULIO CAMBA - Completa.
- R/ PLAZUELA DO CONDE - Completa.
- R/INÉS DE CASTRO - Exclúese a reserva de mobilidade reducida existente fronte ao nº 10, Resto, pintado completo.
- R/ROBERTO BAAMONDE - Completa.
- R/OTERO PEDRAYO - Exclúese a praza de mobilidade reducida fronte ao nº 13 (corresponde lado pares). Resto, pintado completo.
- R/POETA LOIS PEREIRO - Completa.
- R/POETA LOIS PEREIRO - Completa.
- AVENIDA DE GALICIA - Completa.
- R/CELSO EMILIO FERREIRO - Completa.
- R/ SÁRRIA - Completa.
- R/ MALLOADAS - Completa.
- R/CONDE - Completa.
- R/CARDEAL, glorieta de Ponte Fontecha e ata inicio de R/COMPAÑÍA - Completa.
- R/ESTACIONAMENTO A COMPAÑÍA - Excluídas as tres prazas de mobilidade reducida da entrada. Resto, completa.
- R/COMPAÑÍA - Unicamente as partes que se indican.
- R/ESCULTOR FRANCISCO MOURE - Completa.
- R/MÁRTIRES DE CARRAL - Completa.
- R/REBOREDO - Unicamente as actuacións que se indican no prego.
- R/REBOREDO - TRAVESÍA - Unicamente as actuacións que se indican.
- R/CASTELAO - Completa.
- R/DUQUESA DE ALBA - Completa.
- R/SAN LÁZARO - Completa.
- R/ CARÚD - Completa.
- R/ACEA NOVA - Completa.
- R/SOBER - Completa, inclúe ata instalacións do Obradoiro de Emprego, incluído.
- R/A PINGUELA – Acceso e estacionamento da urbanización - Completa.
- R/ESTADIO POLIDEPORTIVO, PISCINA E CAMPO DE FÚTBOL - Exclúense 5 prazas de mobilidade reducida. Resto, completa.
- R/PAREDES - Completa.
- R/ ROF CODINA - Completa.
- R/OURENSE - Completa, incluído tramo N-120a, ata límite de competencia municipal en parroquia de Distriz.
- R/POETISA SARA CAO - Completa.
- R/CAMILO JOSÉ CELA - Completa.
- R/CONDE FROILÁ DÍAZ - Completa.
- R/PEDRO DE VEER - Completa.
- R/AMADOR LÓPEZ ESPINOSA - Completa.
- R/DIEGO DE LEMOS - Completa.
- R/RIBAS DO SIL - Completa.
- R/ DO RÍO - Completa.
- TRAVESÍA PERFECTO - Completa.
- R/PANTÓN- Completa.
- R/SANTIAGO - Completa.
- TRAVESÍA COBAS-PANTÓN - Completa.
- R/TOMÁS VÁZQUEZ - Completa.
- R/COBAS - Completa.
- R/TECELÁNS - Excluído parcialmente o tramo lindeiro con Campo de S. Antonio. Resto, completa.
- R/CHANTADA - Completa.
- R/VEIGUIÑA - Completa.
- R/FERROL - Completa.
- R/SAVIÑAO - Completa.
- R/ROBERTO MARTÍNEZ ANDRADE - Completa.
- Entrada Supermercados – C/CHANTADA - Completa.
- R/LEMAVOS - Completa.
- R/CARBALLEDO - Pintar unicamente sinalización en ligazón con C/Chantada.
- R/VIGO - Completa.
- R/ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS - Completa.
- R/AMADOR LÓPEA CUEVILLAS - Completa.
- R/ ABELEDOS FABEIRO - Completa.
- R/LUÍS PIMENTEL - Completa.
- R/ANTÓN VILAR PONCHE - Completa.
- TRAVESÍA ABELEDOS-CAMPO DEHESA - Completa.
- R/ALONSO RÍOS - Completa.
- CAMIÑO REAL DE SEOANE - Completa.
- R/OURENSE (TRAMO 1-19) E CAMPO DE SAN ANTONIO
- Estacionamento – TRASEIRO R/OURENSE, 5 - Completa.
- R/ABELEDOS - Exceptúase paso de peóns en inicio de C/ Saviñao. Resto, completa.
- R/POETA MANUEL MARÍA -Pintado unicamente desinais en ligazón con Ronda Mª Emilia Casas Baamonde.
- R/IRMÁNS DAPENA - Completa.
- R/CORREDOIRA - Renovado da sinalización que se indica no prego.
- R/SANTA CLARA - Completa.
- R/MANUEL ANTONIO - Completa.
- CAMIÑO DA BARXA - Unicamente sinalización de parada de Bus Escolar.
- R/MARI PAZ DE TOR - Completa.
- CHAIRA CEMITERIO - Completa.
- R/ IRMANDIÑOS - Completa.
- POLÍGONO INDUSTRIAL - Completo.
- RECINTO MERCADO GANDEIRO - Completa.