Monforte de Lemos, 13 de xullo de 2022. A Corporación do Concello de Monforte, encabezada polo Alcalde da cidade, José Tomé Roca, persoal da institución e veciños e veciñas, sumáronse este mércores, na praza do Campo de San Antonio, ós cinco minutos de silencio convocados pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) con motivo dos 25 anos do asasinato terrorista de Miguel Ángel Blanco e en homenaxe e recoñecemento a todas as vítimas do terrorismo.