Presentación do Festival Internacional de Guitarra de la Ribeira Sacra

Monforte de Lemos, 9 de xuño de 2021. A primeira Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, presentou hoxe o que será o primeiro Festival Internacional de Guitarra que se celebrará na Ribeira Sacra, concretamente nos Concellos de Monforte, Sober e Chantada, do 26 de xuño ó 23 de xullo.

Na presentación, estivo acompañada por Andrés Campanario, presidente da Asociación de Guitarra de Monforte, organizadora do evento, e Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 2021-2022.

Serán 9 músicos solistas e formacións musicais os que participarán nesta primeira edición do "Festival Internacional de Guitarra da Ribeira Sacra", que se celebrará en Monforte de Lemos, Chantada e Sober entre o 26 de xuño e o 3 de xullo. A iniciativa, promovida pola Asociación de Guitarra de Monforte, conta co apoio da aAxencia de Turismo de Galicia dentro do programa "O Teu Xacobeo", dos concellos de Monforte, Chantada e Sober, da DO Ribeira Sacra e de Caixa Rural Galega.

Dos nove concertos programados, sete se ofrecerán en Monforte no Auditorio do edificio Multiusos e na igrexa da Régoa.

Gloria Prada destacou que "para o Concello de Monforte é un auténtico pracer e un orgullo acoller a celebración deste festival internacional de guitarra, que traerá á nosa cidade a algúns dos principais solistas e dos mellores artistas actuais neste instrumento yan versátil como é a guitarra. Dende o Concello de Monforte sempre apoiamos á cultura e as actividades culturais de toda índole. e festivais coma este son boa mostra de elo".

Do mesmo xeito, a representante municipal salientou que "vincular este festival coa Ribeira Sacra, creemos que é un acerto, porque, a pesar da noticia recibida nestes días sobre o aprazamento da candidatura a Patrimonio Mundial pola Unesco, festivais coma este son unha gran oportunidade para continuar apoiando a internacionalización da Ribeira Sacra e, isto supón un paso máis na suma de esforzos para consolidar a súa candidatura".

Prada concluíu a súa intervención animando "ós veciños e veciñas de Monforte, da Ribeira Sacra e de toda a nosa provincia, e en especial á xente máis nova, a que se acheguen a desfrutar destes concertos pois creo que serán unha oportunidade única para valorar a importancia dos artistas que nos visitarán estes días, e descubrir a maxia da música e da guitarra".

Toda a información en www.ribeirasacraguitarfestival.com.

 

Programa de Concertos

26 de xuño: DAVID RUSSELL. Auditorio do edificio multiusos (Monforte de Lemos). Prezo: 25€
27 de xuño: ANDREA ROBERTO. Auditorio Municipal (Chantada). Prezo: 12€
28 de xuño: JEAN RONDEAU e THOMAS DUNFORD. Iglesia Santa María da Régoa (Monforte). Prezo: 25€
29 de xuño: ANDREA GONZÁLEZ CABALLERO. Auditorio do edificio multiusos (Monforte de Lemos). Prezo: 15€
30 de xuño: SOLODUO. Auditorio do edificio multiusos (Monforte de Lemos). Prezo: 15€
1 de xullo: ZORAN DUKC. Auditorio do edificio multiusos de (Monforte de Lemos). Prezo: 15€
2 de xullo: MARCOS DÍAZ. Rectoral de Amandi (Sober). Prezo: gratuito por invitación.
3 de xullo: PABLO MENÉNDEZ Y ÁLVARO TOSCANO. Auditorio do edificio multiusos (Monforte de Lemos). Prezo: 12€
3 de xullo: PAUL O’DETTE. Iglesia de Santa María da Régoa (Monforte de Lemos). Prezo: 20€

Cursos e Masterclasses

DAVID RUSSELL
Do 27 de xuño ó 30 de xuño, de 9:30 a 14:00. Lugar: Auditorio do edificio multiusos (Monforte de Lemos). Prezos:
- Alumnos activos: 300€ (12 alumnos. Dúas clases de 40 minutos e inclúe entradas para os concertos de David Russell, Andrea Roberto, Jean Rondeau y Thomas Dunford, Andrea González Caballero y SoloDuo)
- Alumnos oíntes: 80€. - Pase diario como oínte: 25€

THOMAS DUNFORD
27 de xuño, de 15:00 a 19:30. Lugar: Iglesia de San Vicente do Pino (Monforte de Lemos). Prezos:
- Alumnos activos: 100€ (6 alumnos. Unha clase de 40 minutos e inclúe entradas para os concertos de Jean Rondeau e Thomas Dunford.
- Alumnos oíntes: 40€.

ANDREA ROBERTO
28 de xuño, de 15:00 a 19:30. Lugar: Casa da Cultura (Monforte de Lemos). Prezos:
- Alumnos activos: 60€ (6 alumnos. Unha clase de 40 minutos e inclúe entrada para o concerto de Andrea Roberto.
- Alumnos oíntes: 20€.

ANDREA GONZÁLEZ CABALLERO
30 de xuño de 15:00 a 19:30. Lugar: Casa da Cultura (Monforte de Lemos). Prezos:
- Alumnos activos: 60€ (6 alumnos. Unha clase de 40 minutos e inclúe entrada para o concerto de Andrea González Caballero.
- Alumnos oyentes: 20€.

LORENZO MICHELI
1 de xullo de 9:00 a 14:30. Lugar: Auditorio do Edificio multiusos (Monforte de Lemos). Prezos:
- Alumnos activos: 100€ (6 alumnos. Unha clase de 40 minutos e inclúe entrada para oconcerto del SoloDuo e Manuel Barrueco.
- Alumnos oíntes: 40€.

MATTEO MELA
1 de xullo de 15:00 a 19:30. Lugar: Casa da Cultura (Monforte de Lemos). Prezos:
- Alumnos activos: 100€ (6 alumnos. Unha clase de 40 minutos e inclúe entrada para oconcerto del SoloDuo e Manuel Barrueco.
- Alumnos oíntes: 40€.

ZORAN DUKIC
2 de xullo de 9:30 a 14:00. Lugar: Auditorio do Edificio multiusos (Monforte de Lemos). Prezos:
- Alumnos activos: 180€ (6 alumnos. Unha clase de 40 minutos e inclúe entrada para oconcierto de Manuel Barrueco.
- Alumnos oíntes: 40€.

PAUL O’DETTE
1 e 2 de xullo de 15:00 a 19:00. Lugar: Iglesia de A Régoa (Monforte de Lemos). Precios:
- Alumnos activos: 140€ (6 alumnos. Unha clase de 40 minutos e inclúe entrada para oconcierto de Manuel Barrueco e Paul O’Dette.
- Alumnos oíntes: 40€.
- Pase diario como oínte: 25€