O Concello leva a cabo un novo reparto de 70.200 mascarillas a todos os alumnos de Monforte

Monforte de Lemos, 6 de xaneiro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a posta en marcha do operativo mediante o cal se repartirán dende o Concello máis de 70.000 mascarillas para os alumnos e alumnas de todos os centros educativos de Monforte. O obxectivo non é outro que facilitar medidas de prevención e contención do Covid-19 ós alumnos e alumnas que reiniciarán esta semana o curso escolar.

En concreto, o Concello destina 50 unidades por persoa, que “é a maior cantidade repartida por persoa, por unha administración pública, tanto local coma autonómica”, destacou o Alcalde.

En total, estímase un reparto de 70.200 unidades de mascarillas, destinadas a todos os nenos e xóvenes censados en Monforte, correspondentes ás etapas de Primaria, de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), así como Bacherelato (BAC) e Ciclos Formativos de Formación Profesional, en idades de 6 a 18 anos.

Para elo, establécese o reparto en tres franxas de idade: nenos e nenas de 6 a 12 anos, entre os que se repartirán 39.550 mascarillas infantís, xóvenes de entre 12 e 16 anos, para as que se destinan 27.650 mascarillas de adultos, e xóvenes de 17 a 18 anos, para os que se disporán outras 3.000 mascarillas para adultos.

As mascarillas poderán ser recollidas do 11 ó 15 de xaneiro no Edificio Multiusos,  “e facemos este reparto entre a xente máis nova a fin de que estean protexidos ante unha posible 3ª ola da pandemia, que esperamos non se produza, xa que queremos coidar e protexer á nosa xente nova. Dende o Concello seguimos axudando ós nosos veciños, neste caso ós máis xóvenes” destacou o Alcalde.

Recollida no Edificio Multiusos

O reparto de mascarillas para os nenos e xóvenes monfortinos comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro e terá lugar ata o venres día 15. Para elo, será necesario acudir ó Edificio Multiusos (ronda María Emilia Casas Baamonde), en horario de 9:00 a 14.30 horas.

Esta recollida terá que ser levada a cabo polos pais dos menores ou por outra persoa, que deberá neste caso presentar a correspondente autorización. Para poder levar a cabo a recollida, os empregados municipais encargados do reparto, solicitarán o libro de familia, a fin de comprobar que os nenos ou xóvenes para os que se solicitan ditas mascarillas estean censados no Concello de Monforte. Do mesmo xeito, a persoa que recolla as mascarillas deberá levar o seu DNI. Polo tanto, Libro de Familia, autorización (si é o caso) e DNI son os documentos que deberán ser levados á hora de recoller as mascarillas no Multiusos.

 

O Alcalde concluíu destacando que “estas 70.200 mascarillas engádense ás 22.000 repartidas polo Concello a principios do mes de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, polo que dende o Equipo de Goberno destinaronse ós alumnos monfortinos máis de 92.000 mascarillas. Con este novo reparto, o Concello destinou dende o inicio da pandemia entre a súa poboación máis de 255.000 mascarillas para paliar os efectos do coronavirus, polo que o Concello segue axudando de forma continuada ós seus veciños e veciñas, neste caso á xente máis nova”.