Monforte de Lemos, 13 de xullo de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que a partir de mañá mércores 14 de xullo todas as entidades deportivas e clubs de Monforte poderán solicitar o uso de Instalacións Deportivas Municipais durante a tempada 2021-2022.
En particular poderán presentar solicitude:
- Asociacións deportivas escolares ou centros educativos que participen en programas de deporte escolar durante a tempada 2021 – 2022.
- Clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que participen nalgún tipo de competición deportiva durante a tempada 2021 – 2022 organizada por algunha das Federacións Deportivas Galegas ou Españolas.
- Clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que organicen algunha actividade non oficial dirixida á promoción do deporte e a actividade física e recreativa entre os cidadáns durante a tempada 2021 – 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web do Concello www.monfortedelemos.es sendo o derradeiro día para a presentación o 28 de xullo de 2021.
Todos os clubs interesados na solicitude de instalacións deportivas para a tempada deberán presentar a documentación requirida nas bases da convocatoria dentro dos prazos establecidos.
Tanto as bases da convocatoria como o uso das instalacións deportivas está regulado polo REGULAMENTO DE USO, RESERVA E ALUGUER DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE MONFORTE que foi publicado no BOP Nº 190 do xoves 20 de agosto de 2020.
Ademais de polo regulamento, o uso das instalacións deportivas dependerá da evolución da pandemia do COVID-19 que se dea en cada momento. Deste xeito o Concello de Monforte publicará os protocolos de uso das instalacións deportivas que condicionarán a utilización das mesmas.
Nos seguintes enlaces, todos os interesados poderán descargar a seguinte documentación:
- Bases da convocatoria: BASES SOLICITUDE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MONFORTE 2021-2022
- Modelo de solicitude en pdf: MODELO SOLICITUDE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MONFORTE 2021-2022
- Instrucións para presentar a solicitude: INSTRUCIÓNS PARA PRESENTAR A SOLICITUDE