O Alcalde informa das novas restricións por mor da Covid-19 que afectan a instalacións municipais de Monforte, segundo a Orde e Decreto da Xunta de Galicia

Monforte de Lemos, 18 de febreiro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa das novas medidas e restricións establecidas polas autoridades sanitarias que afectan ás instalacións municipais do Concello de Monforte por mor da Covid-19.

Estas novas medidas, publicadas o martes, 16 de febreiro, no Diario Oficial de Galicia, están establecidas polo DECRETO 26/2021, do 15 de febreiro e pola ORDE do 15 de febreiro de 2021.

Deste xeito, dende o Equipo de Goberno do Concello, comunícase á todos os monfortinos e monfortinas as novas medidas que afectan a actividades que se poden desenvolver nalgunhas instalacións municipais.

Neste senso, nas instalacións municipais afectadas, o Concello ten colocado o correspondente cartel informativo no que se especifica, si é o caso, o peche da instalación ou se inclúen as normas de uso, de hixiene, de uso obrigatorio de máscara, de distanciamento social e o aforo máximo permitido en cada caso.

 

Instalacións deportivas municipais

Coa entrada en vigor da citada normativa, as instalacións deportivas municipais que abrirán para dar os seguintes servizos son:

Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas, Pavillón Municipal da Pinguela e Pavillón dos Institutos:

Estas instalacións abrirán, unicamente, para que os Clubs Deportivos poidan levar a cabo a súa actividade deportiva federada. Para iso se modificaron os protocolos de uso establecidos para as instalacións.

Piscina climatizada municipal:

Segundo a normativa publicada, a Piscina Municipal abrirá, unicamente, para que o Club de Natación poida levar a cabo a súa actividade federada.

Non se permite a utilización da instalación por parte de deportistas non federados. O mesmo ocorre co ximnasio municipal que só estará dispoñible para a práctica deportiva federada. Para iso levouse a cabo a modificación do protocolo de uso da instalación.

Pistas Municipais de Atletismo Saleta Fernández López:

Esta instalación abrirá ao público para a práctica deportiva tanto federada como non federada.

O horario de apertura será o seguinte:

  • De luns a venres de 8:00 a 21:45
  • Sábados de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:45
  • Domingos de 10:30 a 14:30

Segundo a normativa disposta a práctica deportiva non federada terá que realizarse de xeito individual, ou con persoas convivintes, e coa utilización de máscara, e a práctica deportiva federada axustarase aos correspondentes protocolos federativos.

Nesta instalación tamén se modificou o protocolo de uso para adaptalo á normativa vixente.

 

Instalacións culturais

Neste caso, as novas medidas supoñen:

  • Apertura da Biblioteca Municipal, cun aforo do 30% da capacidade total e os horarios habituais de luns a venres:
    • Polas mañás, de 9:00 a 13:00 horas
    • Polas tardes, de 16:00 a 20:00 horas
  • Apertura do Auditorio do Edificio Multiusos, cun aforo do 30% da capacidade total.
  • Apertura da Casa da Cultura, cun aforo do 30% da capacidade total.

Coa apertura do edificio Multiusos, o Concello recupera o ciclo de teatro da Rede Galega de Teatros e Auditorios que tivo que ser suspendido debido ás medidas adoptadas despois do Nadal. Deste xeito, o xoves 25 de febreiro ás 20:15 horas terá lugar a posta en escea da obra “O mel non caduca” de Ibuprofeno Teatro, sendo a capacidade máxima do auditorio de 110 persoas.

 

Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez

No Conservatorio Municipal, a partir do luns 22 de febreiro procederase a retomar a as clases presenciais do propio Conservatorio así como da Escola de Música e Danza, excepto as clases de vento e canto, tal e como recolle a última normativa da Xunta.

 

O Alcalde informa que dende o Concello instaláronse carteis informativos coas normas específicas para cada instalación municipal así como os protocolos de seguridade establecidos de acordo coas indicacións determinadas polas Autoridades Sanitarias.

O rexedor municipal pide ós cidadáns que sigan en todo momento as recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias a fin de paliar, coa colaboración de todos e todas, os efectos desta pandemia.