Monforte de Lemos, 25 de novembro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de informar do inicio das obras de mellora da eficiencia enerxética no Pavillón Municipal da Pinguela, “que nos permitirá rebaixar o consumo derivado da iluminación desta instalación dun xeito importante”.
En particular, a obra consiste na substitución das luminarias de toda a instalación, que actualmente empregan unha tecnoloxía obsoleta e de elevado consumo enerxético, por outras de tecnoloxía LED de alta potencia adecuada a cada espazo iluminado.
Deste xeito, a pista polideportiva contará con 40 novas luminarias tipo campá, dotadas de tecnoloxía LED de alto rendemento, e no resto de espazos da instalación (vestiarios, corredores, aseos, etc.) substituiranse os 163 puntos de luz que hai na actualidade por outros tantos con tecnoloxía LED.
O Alcalde destaca que “esta inversión, que ten un custe de 44.025,75 €, vai a supoñer unha redución do consumo eléctrico de máis do 50%, á vez que imos a mellorar na calidade luminosa de toda a instalación”.
A instalación contará ademais con sistema de control da iluminación da pista deportiva por conectividade bluetooth que permitirá, entre outras, as seguinte funcionalidades:
- Control da iluminación a través de smartphone, tablet ou pc a través dunha app con deseño intuitivo.
- Posibilidade de establecer múltiples usuarios.
- Creación de múltiples esceas.
- Construcción dun interface gráfico
- Controles de data, hora e calendario anual
Co fin de que as obras no pavillón non interfiran cos adestramentos dos equipos que utilizan diariamente a instalación, a substitución da totalidade das luminarias da pista deportiva realizarase entre o sábado 27 e o domingo 28 de novembro, aproveitando que esa fin de semana os equipos que habitualmente compiten no pavillón da Pinguela xogan os seus partidos de liga como visitantes.
A reacción do proxecto técnico da obra foi feita por Héctor Manuel Díaz López mentres que a empresa adxudicataria para levar a cabo a obra foi Sicyme 2012 S.L.