Monforte de Lemos, 18 de outubro de 2021. O Concello de Monforte sumarase mañá martes día 19 de outubro os actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro de Mama.
Para elo, e como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas por este tipo de cancro, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informou que na noite do martes 19 de outubro procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor rosa.
Cada ano, o 19 de outubro celébrase o Día Mundial Contra o Cancro de Mama como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade, que é o tumor maligno máis frecuente entre a poboación feminina.
Deste xeito, o obxectivo desta conmemoración é concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade, que é o tipo de tumor máis frecuente en mulleres.
Neste senso, o Alcalde sinala que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de rosa a Torre da Homenaxe, pois cancro de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres occidentais e en España diagnostícanse cerca de 25.000 novos cancros de mama ó ano”. É dicir, que unha de cada oito mulleres terá cáncer de mama ó longo da súa vida.
Segundo a OMS, cada 30 segundos nalgún lugar do mundo diagnostícase un cancro de mama, e segundo as estimacións unha muller morre no mundo de cancro de mama cada 53 minutos.O cancro de mama.
Un cancro de mama detectado ó comezo do mesmo, diminúe un 25% a probabilidade de morte.
Por esta razón, o Concello de Monforte sumarse ó chamamento da Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que dispón dunha serie de servizos e programas para a atención integral das persoas con cancro de mama. Dende a AECC destácase á necesidade de informar, xa que o cancro de mama é unha enfermidade grave, pero pódese curar si se detecta a tempo. A AECC tamén ofrece servizos como atención psicolóxica, atención social e acompañamento.
A campaña deste ano, #SACAPECHO, fai referencia ó orgullo, á valentía e á decisión: porque sacar peito é acción, é un movemento, é actuar con decisión e defender e apoiar a todas esas persoas que se senten máis vulnerables fronte ó cancro.