As cifras de reciclaxe de residuos dos monfortinos melloraron en 2020

Monforte de Lemos, 17 de febreiro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer os datos dos residuos recollidos na cidade e nas parroquias en 2020, e que avalan “que os monfortinos están cada vez máis concienciados na separación selectiva do lixo doméstico, xa que as cifras de reciclaxe no ano 2020 melloraron con respecto ás acadadas en 2019”.

Deste xeito, os veciños reciclaron máis vidro, envases de plástico, latas, aceites, pilas e enseres domésticos que en 2019. Sen embargo, a recollida de papel e cartón diminuíu con respecto a 2019, motivada quizais polos diferentes peches temporais de moitos establecementos comerciais durante o estado de alarma da pandemia do Covid-19, establecementos que son os principais xeradores deste tipo de residuos.

“As cifras de recollida de residuos en 2020”, resalta o Alcalde, “son mellores que en 2019 e que en 2018, polo que dende o Concello agradecemos ós cidadáns de Monforte a súa concienciación e colaboración, xa que están contribuíndo decisivamente a facer do Concello unha cidade máis limpa á vez que contribúen á protección do medio ambiente”. 

Son moi significativos os aumentos porcentuais en recollida de plásticos agrícolas (+31,5%) e pilas (+31,5%). Destacan tamén os datos en canto á subida na recollida de envases do contenedor amarelo (+3,4%), así como de aceite doméstico (+7,4%) ou vidro (+0,5%).

En canto á recollida de mobles, electrodomésticos e enseres, servizo que se pode solicitar chamando ó 901101390, o número de avisos aumento un 44%, pasando das 1.027 chamadas atendidas en 2019 a 1.477 en 2020.

 

Mellores cifras de recollida de residuos que en 2019

Por contenedores e tipo de residuo as cifras aportadas dende a Concellería de Medio Ambiente son as seguintes:

Contenedor amarelo: é o que recolle os envases de plástico, como botellas de auga, briks de zume ou leite, latas de refresco, conservas, etc. En 2019, recolléronse 190,3 toneladas, mentres que en 2020 foron 196,7 Tm., o que supón un 3,4% de incremento.

Iglú verde: o destinado ós envases de vidro, tales como botellas ou tarros. Neste colector aumentouse un 0,5% a recollida, xa que en 2020 foron 303,13 as toneladas recollidas mentres que en 2019 ascenderon a 301,52 Tm.

Contenedor azul: no que se poden depositar todo tipo de produtos de papel: revistas, follas, xornais, caixas de cartón, envoltorios... Neste contenedor, baixou un 10,6% a recollida (2019, 340,14 toneladas, fronte ás 303,94 Tm. en 2020). Dende o Concello, crese que entre as causas que motivan este descenso, pode estar os peches continuos que sufriron moitos locais comerciais na cidade, debido ó estado de alarma propiciado pola Covid-19, locais que son uns dos principais xeradores deste tipo de residuos.

Contenedor verde: o colector destinado á recollida da chamada “fracción resto” correspondente a residuos urbanos, as cifras son similares nos dous últimos anos, con 6.704,87 toneladas en 2019 e 6.707,47 Tm. en 2020, un 0,04% máis.

Aceite doméstico: a recollida deste tipo de residuos tamén aumentou con respecto a 2019, pasando de 6,722 toneladas a 7,225, o que supón un 7,4% máis.

Pilas: A recollida de pilas e baterías, que é un residuo altamente perigoso para o medio ambiente, é un dos residuos nos que a recollida máis aumentou en Monforte, en concreto, un 31,5% máis que en 2019, pasando das 0,8 toneladas a 1,168 Tm. en 2020.

Plásticos Agrícolas: Foi este o tipo de residuo que máis se recolleu este ano en Monforte, recollida que se organiza ano a ano dende o Concello de Monforte, en concreto no mes de xuño. Deste xeito, a recollida de plásticos agrícolas aumentou en 2020 un 40,7% con respecto a 2019, pasando das 5,6 toneladas ás 7,88.

Recollida de mobles, electrodomésticos e enseres domésticos: Finalmente, na recollida de enseres domésticos, electrodomésticos e mobles, servizo que se pode solicitar chamando ó 901101390, o número de avisos aumento un 44%, pasando das 1.027 chamadas atendidas en 2019 a 1.477 en 2020.

 

O Concello de Monforte, concienciado coa axeitada separación de residuos

Dende o Concello de Monforte, o pasado ano leváronse a cabo dúas campañas de concienciación a reciclaxe de residuos domésticos, dirixida a todos os monfortinos e monfortinas e organizadas polas Concellerías de Medio Ambiente e Servizos, nos meses de novembro e decembro de 2020, que sen dúbida contribuíron á mellora dos datos descritos.

Baixo o lema “Cada cousa...no seu sitio”, a campaña tivo por obxectivo informar ós veciños e veciñas sobre as claves para levar a cabo unha axeitada separación dos residuos que se xeran no fogar. Para elo, dende o Concello levouse a cabo unha campaña publicitaria, coa publicación de anuncios en prensa, cuñas en radio e pancartas nas principais entradas da cidade e ubicouse un stand informativo en distintos puntos da cidade, no que un monitor medioambiental informou ós cidadáns sobre o contido da campaña, repartindo para elo trípticos informativos.

Por outra banda, o Alcalde anunciou recentemente a renovación por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos, FCC Medio Ambiente, de 3.880 cubos e contenedores de lixo, dos cales 250 corresponden a áreas de recollida selectiva, así como 297 papeleiras, “unha renovación moi importante para a nosa cidade e as nosas parroquias, que mellora significativamente a imaxe e a limpeza da cidade, e que sen dúbida axudarán a que neste ano 2021 os datos de recollida de residuos poidan seguir sendo polo menos iguais, senón mellores, que os referidos en 2020”, concluíu o Alcalde.


Deseño da campaña de Concienciación para a separación de residuos do Concello de Monforte en 2020