Monforte de Lemos, 8 de outubro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou na mañá de hoxe o novo videomarcador deportivo Led de última xeración do Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela, que foi adquirido por un importe de algo máis de 27.000 euros (27.163,11 € ive engadido).
No acto inaugural, o Alcalde estivo acompañado polo Secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, e polo Xefe do servizo provincial de deportes, Manolo Cadramón, así como a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entre outras autoridades.
O Alcalde salientou que “con esta novo videomarcador, que substituíu á anterior instalación, un marcador tradicional composto por díxitos de bombilla, o Pavillón municipal de A Pinguela, que é unha das infraestruturas deportivas máis importantes da cidade, contará dende hoxe cunha ferramenta esencial para o desenvolvemento de todo tipo de eventos deportivos, e tamén facilitará os adestramentos e competicións dos equipos monfortinos que habitualmente usan estas instalacións, como o Club Voleibol Ribeira Sacra, o Club Korbis ou o Club de Ximnasia Rítmica Quicela, así como as actividades dos centros educativos da cidade”.
Esta Pantalla Led, que ten unhas dimensións de 10 m2 (4 x 2,5 m.), pode utilizarse como marcador electrónico multideporte, como pantalla publicitaria ou como soporte audiovisual para calquera evento deportivo ou non deportivo, “polo que permite darlle un valor engadido ó pavillón de A Pinguela”.
No Pavillón Polideportivo de A Pinguela, que se ubica na estrada de Sober, adestran e compiten diversos clubes da cidade e alberga eventos deportivos de diversas modalidades como taekwondo, ximnasia rítmica e voleibol.
Nas instalacións do pavillón tamén se levan a cabo actividades propias do deporte escolar monfortino, dispútase a liga local de fútbol sala e lévanse a cabo as actividades do Programa Deportivo de Verán que organiza o Concello de Monforte cada ano.
“Con este novo videomarcador de última xeración, que sen dúbida reforzará os servizos que ofertamos no pavillón de A Pinguela, dende o Equipo de Goberno seguimos a mellorar as infraestruturas deportivas da nosa cidade. Cabe recordar que nos pasados meses reformamos a instalación eléctrica deste pavillón, e dotamos dunha nova iluminación o Campo municipal de A Pinguela, cunha inversión total de case 110.000 euros”.
O Alcalde, concluíu salientando que “o meu compromiso como Alcalde e o do Equipo de Goberno co deporte monfortino, cos seus deportistas e cos clubes é firme, e seguiremos traballando para mellorar e potenciar as infraestruturas municipais destinas á práctica deportiva no noso Concello”.
Videomarcador “MONDO Smart System modelo Antares”
O novo videomarcador do Pavillón de A Pinguela é unha pantalla led deportiva de 10 m2 (4 x 2,5 m.) que se pode utilizar como marcador electrónico multideporte, como pantalla publicitaria ou como soporte audiovisual para calquera evento deportivo ou non deportivo.
A pantalla dispón, para a súa xestión, dun sistema de control composto por un ordenador e un software deportivo e multimedia.
Software Deportivo Mondovideo:
Software multideporte deseñado por MONDO que permite converter unha pantalla led nun marcador electrónico deportivo.
O deseño do marcador é completamente personalizable, permitindo ó usuario unha gran liberdade para mostrar o marcador segundo as necesidades.
Unha das principais vantaxes deste do software Mondovideo é que, cun único software, pódese dispoñer de distintos marcadores segundo a disciplina deportiva que se vaia a realizar, posto que integra múltiples deseños para diversos deportes.
O sistema xenera a imaxe que representa un marcador electrónico deportivo, optimizada ó tamaño e resolución da pantalla Led para garantir a mellor calidade de imaxe posible.
A información de dito marcador actualízase en tempo real en función da información recibida da consola de control Ulises de MONDO.
Software Multimedia Mondoplayer:
O software multimedia Mondoplayer é un software desenvolto por MONDO. Trátase dun reproductor multimedia avanzado cunhas características e funcionalidades adaptadas ás aplicacións máis comúns de uso de pantallas led. As súas características son as seguintes:
- Posicionamento pixel a pixel da fiestra de saida do reprodutor.
- Reprodutor de vídeo, con escalado automático á resolución da videopantalla, sexa cal sexa a resolución do arquivo orixinal.
- Visualizador de imaxes con ecalado automático, independentemente da resolución orixinal.
- Creación e edición de subtítulos e texto en scroll.
- Captura e reescalado en tempo real de diferentes zonas da pantalla, de xeito que na pantalla led poderanse proxectar zonas dunha páxina web, presentacións de power point, documentos word, excel, etc.
- Creación e edición de listas de reprodución.
- Deseño de composicións complexas nas que o usuario divide a videopantalla en varias zonas funcionais, de modo que en cada unha delas se poden visualizar vídeos, listas de reprodución, capturas de pantalla, etc.
Consola Multideporte Hércules:
Consola de fácil manexo que permite unha clara visualización de tódolos parámetros de xogo. Esta consola divídese en dous módulos:
- Consola central de puntuación: na cal se selecciona o deporte que se vai a controlar (pódese elixir entre baloncesto, voleibol, tenis, hockey, patinaxe, fútbol sala, balonman, frontón, hóckey xeo, e waterpolo. En función de esta selección , o sistema de puntuación e tempo de xogo se iniciará de acordo coa normativa do deporte seleccionado. Dende a mesma comándase a puntuación, tempos mortos, faltas, e frecha indicadora de posesión.
- Consola de tempo: controla o período de xogo, o tempo e o cambio de minutos/segundos a segundos/décimas-centésimas. A consola almacena en memoria todos os datos evitando que se perdan se hai un cote de fluído eléctrico.
O sistema tamén inclúe marcadores de tempo de posesión e tempo de xogo para baloncesto homologados pola FIBA. A súa comunicación coa consola principal e por radiofrecuencia, aínda que tamén se pode realizar por cable.
Os díxitos luminosos están construídos con diodos LED de alta luminosidade que se caracterizan polos eu baixo consumo, gran duración e ausencia total de mantemento.
Sobre o módulo que indica o tempo de posesión, mediante díxitos de 30 cm, instálase un módulo adicional con 4 díxitos de 12 cm. de altura que mostran o reloxio de xogo.
O control destes marcadores realízase mediante unha consola independente denominada consola de posesión Mondo, comunicada coa consola central de puntuación.