Monforte de Lemos, 27 de agosto de 2021. O Concello de Monforte informa que, tendo en conta a última normativa publicada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, que sitúa a Monforte no nivel máximo de restricións, a partir de mañá sábado 28 de agosto o deporte non federado só se poderá practicar ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre.
Por este motivo, todas as instalacións deportivas pechadas do Concello de Monforte, entre as que se inclúen a piscina climatizada e o ximnasio municipais, poderán ser utilizadas, unicamente, para a práctica deportiva federada, tanto para adestramentos como para competicións.
Por este motivo, so os clubs federados poderán facer uso destas instalacións e se deberán axustar, no seu uso, ós correspondentes protocolos federativos de cada modalidade, tal e como se publica na ORDE do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para regular esta situación, e adaptala á normativa actual, o Alcalde do Concello, José Tomé Roca, ben de decretar a modificación do protocolo de uso da piscina climatizada e o ximnasio municipais que entrou en vigor ó inicio da pandemia e que se foi modificando e adaptando á situación e normativa de cada momento.
Esta situación manterase mentres o nivel de restricións no Concello de Monforte se manteñan en nivel máximo.
Decreto Modificación Protocolo uso Piscina climatizada e Ximnasio municipais